Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado do IES Porta da Auga de Ribadeo presenta uns oitenta traballos na XVIII Feira da Ciencia

A Feira da Ciencia de Ribadeo (XVIII edición), terá lugar no pavillón anexo ó IES Porta da Auga o 12 e a mañá do 13 de abril, en horario de 10 a 13:30 e de 16:00 a 18:00. A exposición, como en anos anteriores, amosará os traballos realizados polos alumnos do IES e poderá ser visitada libremente, ó tempo que se atenderán grupos de visitantes doutros centros.
Participará a maioría do alumnado do centro, expoñendo preto de oitenta traballos de diferentes temáticas e complexidade, titorados polas profesoras Mª Jesús Besteiro, Teresa Díaz, Ana Rosa Flórez, Mª Jesús Maseda e Antonio Gregorio.
Algúns dos traballos serán expostos posteriormente noutros foros educativos e de investigación, como a Galiciencia ourensá e o día da Ciencia na Rúa de A Coruña.

Abaixo os títulos dos traballos que serán presentados (aínda en borrador):

Absorción de iodo por unha graxa
Acender unha vela a distancia
A meteoroloxía durante o curso escolar
Antibiograma
Acetil salicílico
A parrilla de televisión
A perla invisible
A química no fogar
Armonógrafo
A tensión superficial
Bebidas máis consumidas pola poboación ribadense
Cafeína
Cambio climático
Canta xente fuma?
Canta xente ten animais?
Caída de tensión en condutores
Campás de Franklin
Chocolate
Cicloide
Coches híbridos
Coche solar
Comba eléctrica
Comidas favoritas
Cromatografía en columna
Enzimas: amilasa da saliva e catalasa do fígado
Estudas ou estás ó ordenador?
Estudo do transporte eólico
Extracción caseira do ADN dun kiwi
Flores de cores
Flota ou afúndese?
Fluxo da información xenética: replicación, transcrición, tradución
Francés
Flotación dun ovo en auga
Fluídos non newtonianos
Inquilinos nas mans
Investigación sobre a tormenta solar
Lámpadas con vidro roto
Laparadas de sodio
Lentiñas e gafas
Lombarda e cores
Macromoléculas
Magnetismo nunha vela
Mar de aire
Mentos con cola
Mochila de rodas ou ás costas?
Motor de catro tempos
Música, Maestro
O arco da vella
O campo magnético
O electroscopio
Ordenador, fixo ou portátil?
Óso que dobra
Os penachos térmicos
Os nós
Ovo en vinagre, ovo en mel
Plásticos
Ppo de Pascal
Quen se entretén lendo?
Resistencia de vasos
Ribadeo, cidade deportista?
Saponificación
Sobre o ppo. de Bernouilli
Xente en paro en Ribadeo
Xerador Kelvin
Xogando coa fotosíntese
Zancudo vibrador

Remitido

Exit mobile version