Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do IES Perdouro de Burela e do IES Illa de Sarón de Xove, gañadores no Concurso Galego de Robótica

Alumnos de electrónica do IES Perdouro, gañadores do IV concurso galego de robótica

A pasada semana, celebrouse en Lugo o IV concurso galego de robótica organizado por IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia). O concurso consistiu na programación dun robot  que tiña que superar unha serie de retos. A competición durou cinco días e nela participaron equipos de toda Galicia.

O primeiro premio na categoría de bacharelato e ciclos formativos, foi para o equipo formado por David Quelle Sanjuán, Martín Ramos Loredo e Arturo Mon Geada. Os tres son alumnos do ciclo medio de Instalación de Telecomunicacións no I.E.S. Perdouro de Burela.

Ademais dos alumnos do Perdouro, foi premiado outro equipo da Mariña formado por alumnos do I.E.S. Illa de Sarón de Xove que acadaron o 2º premio dentro da categoría de E.S.O.

Remitido

Exit mobile version