Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo entregou 15 novos composteiros ás familias interesadas en reciclar residuos domésticos

O Concello entregou 15 novos composteiros ás familias interesadas en reciclar residuos domésticos

-As persoas beneficiarias recibiron indicacións e consellos sobre a súa utilización

-Con esta nova remesa serán xa 73 as familias que practicarán a compostaxe grazas a estes elementos achegados polo Concello

-A administración local percorreu os fogares beneficiarios de anteriores entregas e comprobando os bos resultados desta práctica

Cervo, 9 de abril de 2012-O Concello de Cervo fixo entrega de 15 novos composteiros ao mesmo número de familias, as cales hai uns meses solicitaran acollerse ao programa de fomento da compostaxe doméstica que vén levando a cabo nos últimos anos o goberno cervense. No acto, que tivo lugar esta tarde no salón de plenos do Concello, participou o alcalde, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso así como membros das familias receptoras. Ademais de recoller os composteiros, as persoas beneficiarias escoitaron indicacións e consellos para a súa utilización, que lles permitirán ampliar o rendemento dos seus composteiros. Foi Plácido Pérez, un voluntario con anos de experiencia na compostaxe, o encargado de compartir os seus coñecementos cos novos beneficiarios.

Ata o de agora, o Concello entregara 58 composteiros ao mesmo número de familias, aos que se unen eses 15 elementos novos. Polo tanto, son xa 73 as familias que practican a compostaxe no municipio a través destes dispositivos que facilita e financia o ente local. “Con este programa de compostaje pretendemos potenciar este método de reciclaje y reutilización por sus numerosos beneficios, tanto para el medio ambiente como para sus usuarios, que disponen de abono para sus cultivos de forma natural, ecológica y sin ningún coste para ellos” explica a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.

Un programa de compostaxe que forma parte das liñas do goberno de Cervo, entre as que se atopa o coidado e respecto polo medio ambiente e o máximo aproveitamento dos recursos dispoñibles. “Se trata de un programa con vocación de continuidad para que, poco a poco, todas las familias que quieran puedan hacer compost en sus casas y así aprovechar unos residuos que de otra forma se desecharían y no aportarían ningún beneficio” engade Alonso.

Deste xeito, dende o Concello animan á veciñanza a sumarse a esta práctica. “Las personas que lo deseen pueden anotarse como solicitantes de uno de estos dispositivos” asegura a edil. Pero ademais de entregar os composteiros de forma gratuíta, a administración cervense se ocupa de comprobar a súa boa utilización para asegurarse de que están a ter bos resultados e, ao mesmo tempo, coñecer as experiencias e as impresións das familias. De feito, a Concellería de Medio Ambiente realizou nas últimas semanas unha rolda de visitas aos domicilios beneficiarios nas que a súa titular puido comprobar que “la práctica totalidad de los beneficiarios está obteniendo compost y valora positivamente el resultado”.

Todos os composteiros están elaborados con plástico reciclable apto para a compostaxe de restos orgánicos e non implican ningún gasto, nin de consumo de enerxía nin de mantemento. Ademais, cabe destacar que preto do 40% do lixo que se xera nos fogares é materia orgánica que se pode converter en compost para abonar as terras de cultivo. Nos composteiros a materia orgánica degrádase a traves dun proceso biolóxico que da lugar a ese produto con excelentes propiedades para o solo.

Remitido

Exit mobile version