Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúan no Valadouro as III xornadas do bacallau

SEGUEN NO HOTEL VILA DO VAL As III XORNADAS DO BACALLAU DAS QUE SERÁ POSIBLE GOZAR TAMÉN XOVES E VENRES SANTO.

Ferreira, 4 de abril de 2012. Seguen no hotel Vila do Val as III Xornadas do bacallau. Desta cita gastronómica será posible gozar os sábados e os domingos ata o próximo 29 de abril, pero tamén mañá día de xoves santo e o venres, 6 de abril.

O restaurante do hotel Vila do Val ofrece un menú por 20 euros composto de polbo á prancha de primeiro e de segundo a escoller bacallau Vila do Val, bacallau á portuguesa ou bacallau á biscaíña, sobremesa caseira, auga, pan e café. A directora María Hermida sinala que ?este ano coinciden as xornadas coa semana santa. Desta forma queremos ofrecerlles tamén un aliciente a quen nos visitan nestas datas. Poden vir coñecer O Valadouro e achegarse ao noso restaurante a gozar do exquisito bacallau que preparamos ou de calquera outro prato da nosa carta?. A directora do Vila do Val subliña que ?ao estar en semana santa será posible gozar destas xornadas tanto o xoves como o venres santo. Despois será só en fins de semana, é dicir sábados e domingos?.

As reservas poden facerse no teléfono 982 57 16 53 ou na páxina web www.hotelviladoval.com

Exit mobile version