Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous novos cursos de informática comezarán na vindeira semana no concello de Burela

DOUS NOVOS CURSOS DE INFORMÁTICA COMEZARÁN NA VINDEIRA SEMANA NO CONCELLO DE BURELA

Burela, 02 de abril de 2012. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá dous novos cursos de alfabetización dixital impartidos polo Concello de Burela.
Na semana que vai do 9 ao 15 de abril, comezarán dous novos cursos de “Alfabetización dixital: Redes Sociais” no Concello de Burela. Os dous cursos comezarán o vindeiro 10 de abril e están dirixidos a persoas con coñecementos básicos de Internet e correo electrónico.
Nestes dous cursos amosaranse o que son as redes sociais da Internet, as diferentes categorías de redes sociais e verase como darse de alta nunha delas para así poder compartir todo tipo de información con outras persoas.
O primeiro dos cursos impartirase en horario de 11:00 a 12:30 horas e rematará o día 17. O segundo terá por horario de 16:00 a 17:00 horas e finalizará o día 26.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version