Site icon Crónica3.com A Mariña

Ecogaleguistas convoca un encontro aberto en Ribadeo

Ecogaleguistas convoca un encontro aberto en Ribadeo co título “construír as axendas do século XXI nunha alianza da esquerda nacional ampla”

O pasado 25 de febreiro un grupo de cidadáns e cidadás puxemos en marcha o ‘espazo ecogaleguista’. Non se trataba de constituír nun acto único e formal un novo partido máis senón desenvolver un proceso aberto que culmine na construción o próximo 26 de maio dunha nova ferramenta política necesaria para os novos tempos que vivimos.
Quizais esta necesidade sexa xa unha demanda para moitos e moitas desde fai algún tempo pero o 15-M ten creado un antes e un despois que non podemos arranxar mirando para outro lado ou insistindo en vías mortas.
Desde EcoGaleguistas estamos a desenvolver este proceso aberto con dous obxectivos construír unha nova ferramenta da esquerda nacional de base plural e ampla e, por outra banda, que os elementos de sustentabilidade ecolóxica, mundialización cívica e pacifica, e radicalidade democrática, estean presentes de xeito transversal e non como meros elementos ornamentais na futura esquerda galega.
Un paso importante neste proceso será o “Encontro sobre novas ideas para o século XXI” que celebraremos o próximo sábado 14 de abril en Oleiros.
Entretanto estamos a desenvolver actos de presentación de EcoGaleguistas e encontro abertos co titulo “construír as axendas do século XXI nunha alianza da esquerda nacional ampla”
Presentación en Ribadeo:
Mércores 4 de abril ás 20,00 horas; No bar O Cantón ( Os Cantóns. Ribadeo )
Agradecemos a máxima difusión ( axuntase convite )
+ Info en www.ecogaleguistas.org

Exit mobile version