Site icon Crónica3.com A Mariña

Escravos do eixe franco-alemán


Escravos do eixe franco-alemán

Isto daría para un libro, pero só un par de cousiñas, escoitando a
Merckel e o Sarkosy (ou como se chame) penso que xa estamos na 3ª
colonización Europea, o eixe Franco-Aleman, pretenden e estano conseguindo,
converter os países chamados periféricos de Europa, en súbditos e escravos ao
seu servizo, coa colaboración dos gobernantes de turno, que pola vía da
presión da extorsión e do medo están facendo un fraco favor a todos os
cidadáns, (lembrar que os gobernos de Grecia, Italia, España e Portugal son
gobernantes tutelados por a Srª Merkel), por todo iso, hai que 1º
cambiar a regras da elección dos gobernantes, isto xa empeza a ser unha
democracia tutelada, e despois si é necesario darlle un corte de manga a
estes Franco-Alemáns, xa que serán moi fortes, pero si cortamos o grifo, non
son tanto, xa está ben de ser súbditos, e como apunte final, os nosos
dirixentes hai que baixalos á terra e depuralles os aires de grandeza, co que
despilfarraron nos últimos 10 anos, tiñamos para vivir 100 anos.

Pedre

Exit mobile version