Site icon Crónica3.com A Mariña

Espina&Delfin renova o seu compromiso coa aposta formativa laranxa

ESPINA & DELFÍN RENOVA O SEU COMPROMISO COA APOSTA FORMATIVA LARANXA

Espina & Delfín vén de renovar o seu compromiso coa aposta formativa laranxa. Dende 2009-10 a empresa galega presta o seu apoio ás categorías de base do CD Burela FS, a través do patrocinio do equipo cadete.

Fundada nos anos 70, a entidade dirixe a súa actividade dende Santiago de Compostela, especializada na área de depuración da auga, co mantemento e xestión de servizos municipais. Espina & Delfín abarca os diferentes ciclos da auga, dende a súa captación no medio natural ata a evacuación por colectores de saneamento ou emisarios submarinos, garantindo a potabilidade para os usuarios/as.

A falta de tres citas, o Burela FS Espina & Delfín afronta a recta final de Autonómica Cadete dende o podio. O vindeiro martes deberá defender a terceira praza en Vista Alegre, na visita do Parrulo, no sexto posto, ás 17.00 horas.

Exit mobile version