Site icon Crónica3.com A Mariña

Garda Civil e Servizos Sociais de Ribadeo organizan unha charla sobre a prevención e a mellora da seguridade dos maiores

O AUDITORIO ACOLLE MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE A PREVENCIÓN E A MELLORA DA SEGURIDADE DAS PERSOAS MAIORES.

Ribadeo, 10 de abril de 2012. O Cine Teatro de Ribadeo acollerá mañá, 11 de abril, ás 18 horas unha charla sobre a prevención e a mellora da seguridade das persoas maiores.

O Plan maior seguridade da Garda Civil pretende previr as principais ameazas que afectan á seguridade dos maiores, como roubos, hurtos, estafas e uso fraudulento das súas propiedades e fondos, contas e cartillas de aforro por parte de terceiras persoas. Outro dos obxectivos é fomentar a confianza deste colectivo nas forzas e corpos de seguridade do Estado e o desenvolvemento de condutas proactivas para a denuncia de situacións e delitos dos que poidan ser vítimas e tamén perfeccionar a resposta policial na súa actuación con persoas maiores.

A charla de mañá está organizada pola Garda Civil e conta coa colaboración da Concellaría de Servizos Sociais de Ribadeo.

Exit mobile version