Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo, entre predicar e dar trigo

MONDOÑEDO, ENTRE PREDICAR E DAR TRIGO.

Parece sinxelo separar o significado entre predicar e dar trigo, pero ás veces confundimos cal e o obxectivo e como conquerilo.

Estes dias en Mondoñedo asistimos a unha recollida de firmas para reclamar da administración e das empresas que recalen cas súas inversions no noso Concello.

Toda iniciativa de este tipo ten o meu respecto e o meu apoio en cuanto que é o sentir da nosa poboación.

Pero, visto desde a parte inversora, quizás sexa demasiado frío ou demagóxico.

Quero dicir con isto que as empresas que desexan ou teñen previsto realizar algunha inversión estaranse preguntando. Estes que reclaman e piden, que están dispostos a facer ?

Que son capaces de poñer enriba da mesa??? Estarían dispostos a participar en un proxecto empresarial ¿? Ou so pretenden que outros invistan para que eles e os seus descendentes teñan un posto de traballo e por tanto , futuro??

Si algún empresario se lle ocorre coller un folleto dos que estes dias reivindican a industrialización, encontraranse que no concello cohabitan unha trintena de asociacions con distintos fines.

Si supoñemos que esas asociacions teñen entorno a 20 socios de media (considerando esta cifra como pequena), teriamos que ronda as 600 persoas.

Entón por que a iniciativa non sae ao revés e dicimos. ” señores empresarios, cada un de estes socios vamos poñer 1000 euros , co cal aportaremos 600000 euros a calquera empresa que sexa capaz de crear postos de traballo en Mondoñedo , sempre baixo parámetros de legalidade e de equidade.””.

Isto sí sería un principio, e sería sen dubida o aliciente que os inversores buscan, IMPLICACIÓN.

Estou seguro que si isto fose así, inmediatamente teriamos proxectos de investimento no noso concello , listos para avaliar.

En cambio, dedicámonos a reclamar ás administracións (que en este momento non teñen un euro) que nos solucionen os problemas. E creo que os problemas debemos acostumarnos a resolvelos por nos mesmos.

Non pensemos que ningún alto cargo vai poñer un duro dos seus privilexios para auxiliarnos. Poden iso si, darlle bombo e platillo pa dicir que fan, poder poñer nas redes sociais que traballan sen descanso pa conquerilo.

Pero voulles dar un dato para que sirva para reflexión.

Un membro da mesa do parlamento cústanos os Galegos, 32.000 euros ao mes. Con esa cifra , durante catro anos de lexislatura, faríanse grandes cousas no noso concello.

Pero iso xa sería dar trigo e diso non falamos…….

JORGE LOSADA COMENDEIRO

Exit mobile version