Nas xornadas do deporte academia Imdecum 2012 trataron do papel arbitral
O PAPEL ARBITRAL BAIXO ANÁLISE, NAS XORNADAS DO DEPORTE ACADEMIA IMDECUM 2012
Venres 27 de abril. O presidente do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, José Antonio Pérez Muíño, analizou onte o papel dos colexiados, no relatorio inaugural das Xornadas do Deporte Academia Imdecum 2012 que acollerá o IES Monte Castelo de Burela ata finais de maio.
O ciclo está destinado especialmente a alumnado e titulados/as do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro burelao, así como a profesionais do mundo do deporte; tamén está aberto para todas persoas interesadas.
Próxima cita. Baixo o título ‘Scouting en ElPozo Murcia FS. Exemplo de análise estatística e edición de vídeo’, a xogadora do Burela FS Haydee Agras repasará o traballo de investigación que realizaba, na súa anterior etapa nas filas levantinas, sobre os rivais de ElPozo, de Primeira División Masculina, xunto ao adestrador Eduardo Sao-Thiago Lentz, Duda. A cita está prevista para o xoves 3 de maio, as 17.00 horas.
LOCALIZACIÓN: IES Monte Castelo
HORARIO: 17.00 horas
Xoves 3 de maio
“Scouting en ElPozo Murcia FS. Exemplo de análise estatístico e edición de vídeo”
Relatora: Haydee Agras Moral, xogadora do CD Burela FS Pescados Rubén
Xoves 10 de maio
“O deporte adaptado”
Relatora: Hilda Rodríguez, ex-deportista paralímpica na modalidade de boccia
Xoves 24 de maio
“Psicoloxía no deporte”
Relatora: Juana Blanco, licenciada en Psicoloxía