Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo recoñecemento do público en Ferrol ao grupo de teatro “O Bordelo” de Cervo

Novo recoñecemento do público en Ferrol ao grupo de teatro “O Bordelo” de Cervo

Os votos do público asistente ó Ciclo de Teatro Domingos a escena decidiron por cuarto ano consecutivo outorgarlle ó grupo de teatro O Bordelo de Cervo un lugar de preferencia entre as vinte e seis compañías galegas que participaron nesta XII Edición do prestixioso certame de teatro afeccionado celebrado cada domingo ,desde Setembro a Abril, no Centro Cívico de Caranza, en Ferrol.
Nesta edición o grupo cervense volveu quedar clasificado en segundo lugar ó representar en Decembro pasado a peza Quintana de Vivos , anguria dos orfos posta en escena por María Paz Rodriguez Silva, Dolores Viamonte Rey, Xosé Manuel González- Copa , Antonio González Villares- Patoso e Francisco Piñeiro González , autor e director da mesma.
Para os compoñentes do grupo de teatro O Bordelo acadar un primeiro posto e tres segundos consecutivos nun certame que convocou este ano 5460 espectadores , cunha media de 219 por sesión, supón un recoñecemento público do seu esforzo e tenacidade e unha satisfacción que queren compartir con tódolos colectivos escénicos da Mariña e con todos os amantes da escena.

Exit mobile version