Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela anuncia a visita de responsables de Marina Mercante e de Salvamento Maritimo

BURELA RECIBE MAÑÁ A VISITA DO DIRECTOR GENERAL DE MARINA MERCANTE E DO DIRECTOR DE SALVAMENTO MARÍTIMO.

Burela, 18 de abril de 2012. Burela recibirá mañá a visita do director general de Marina Mercante, Rafael Rodríguez Valero, e do director de Salvamento Marítimo, Juan Luis Pedrosa Roldán. Ás 12 da mañá está prevista a súa chegada ao Concello de Burela e a continuación achegaránse á sede actual da Capitanía Marítima. Despois visitarán as obras da futura sede deste organismo, será ás 12:30 e ás 13 horas voltarán ao Concello. Alí terá lugar unha intervención pública na que participarán o alcalde de Burela, o arquitecto director de obra e tamén o director general de Marina Mercante.

O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, sinalou que “o motivo da súa visita é coñecer de primeira man cal é o estado das obras do novo edificio de Capitanía Marítima”. E engadiu que “veñen trasladar o interés que o Ministerio de Fomento ten por estas novas instalacións. Agardo que sirva para confirmar o que todos queremos que sexa unha realidade, que a obra remate e entre en fucionamento ao longo deste ano e que preste o mellor servizo posible a todas as persoas vinculadas co sector náutico-pesqueiro en canto a inspeccións, seguridade, etc”.

Confirmaron a súa presencia mañá en Burela o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Pérez Carballo, e o portavoz do PP no Senado e presidente provincial dos populares, José Manuel Barreiros, entre outros.

Educación

González Barcia acompañou esta mañá á delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, na visita cursada ao CEIP Virxe do Carme. O rexedor explicou que “comprobaron as obras feitas pola Xunta de Galicia recentemente, como son a colocación dun novo peche perimetral en parte da pista, a colocación dunha nova caldeira de calefacción e tamén a construcción dun porche na porta de acceso ás instalacións onde se ubica a biblioteca do centro”.

O alcalde de Burela e o seu equipo entenden que “nos momentos actuais temos que aportar todos a nosa parte no que á educación se refire. Nese sentido xa anuncio que o vindeiro luns, 23 de abril, teremos unha xuntanza cos directores e cos representantes das APAS dos dous CEIP de Burela, Virxe do Carme e Vista Alegre, para falar da participación que o Concello ten en materia educativa neses centros”. Ese encontro está previsto para as 17:30 horas.

Barcia dixo que “a situación é a que é, nós queremos manter a presencia nos dous centros, pero o que sí é certo é que probablemente non imos poder manter toda esa presencia nos comedores e nas actividades extraescolares porque a situación é a que é. Penso que nesa xuntaza poderemos clarificar a situación actual e a partires de aí poderemos abordar solucións para non perxudicar os intereses das familias e dos nenos, que é o interés que nos debe mover”.

Remitido

Exit mobile version