Site icon Crónica3.com A Mariña

O barco museo Reina do Carme acolle en Burela un seminario de primeiros auxilios e socorrismo

O BARCO MUSEO REINA DEL CARME SERÁ ESCENARIO MAÑÁ DUN SEMINARIO DE PRIMEIROS AUXILIOS E SOCORRISMO.

Burela, 27 de abril de 2012. O barco museo Reina del Carme será escenario mañá sábado, 28 de abril, dun seminario de primeiros auxilios e socorrismo, organizado por Cruz Vermella. O Concello de Burela cedéulle a esta organización o uso do barco museo para a realización do curso.

A formación práctica terá lugar pola mañá na aula de Cruz Vermella de Burela e despois no barco museo Reina del Carme serán as clases prácticas. Os horarios previstos son de 10:30 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas aproximadamente.

No seminario de primeiros auxilios e socorrismo abordaránse cuestións relativas ao paciente politraumatizado: valoración primaria e secundaria, escala de Gasgow, familiarización co material, maniobras de movilización, inmovilización, etc.

Remitido

Exit mobile version