Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pregunta á Xunta polo deterioro do mosteiro de San Salvador de Lourenzá

Manuel Parga pregunta ao goberno galego polas causas do desprendemento de pedras no Mosteiro de San Salvador e pide que se tomen medidas de protección do monumento

O pasado sábado 07 de abril de 2012 produciuse un desprendemento de pedras, algunhas de grande tamaño, no Mosteiro de San Salvador pertencente ao concello de Lourenzá.

Este mosteiro é unha das xoias do barroco galego e foi declarado Monumento Histórico Artístico en recoñecemento ao seu valor arquitectónico e cultural e por tal motivo debe gozar de protección por parte da administración galega.

Este accidente, que por sorte non produciu desgrazas persoais, pon en evidencia que o estado do mosteiro pode que non estea nas debidas condicións de conservación ou mantemento polo que é preciso que o goberno tome as decisións oportunas en aras a garantir a súa conservación e a seguridade no entorno do mesmo.

Por iste motivo formúlanse a seguintes preguntas:

1. Cales foron as causas de que se producira un desprendendemento de pedras na fachada do Mosteiro de San Salvador en Lourenzá?

2. Que medidas vai a adoptar o goberno galego para protexer e conservar este monumento e para garantir a seguridade no entorno do mesmo?

Exit mobile version