Site icon Crónica3.com A Mariña

O CeMIT de Burela comezará un novo curso de informática na próxima semana

A Aula da Rede CeMIT inicia o  mércores 2 de maio o curso “Creación de Blogs”. Os asistentes ao curso coñecerán o que é un blog na Internet, crearán o seu propio blog e aprenderán a crear contido. O horario de impartición da actividade será de 16:00 a 17:00 horas e finalizará o 22 deste mesmo mes. Para inscribirse ou para solicitar máis información poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version