O CLUB NÁUTICO DE RIBADEO ORGANIZA UN CAMPIONATO INFANTIL DE PESCA QUE SE DESENVOLVERÁ, SI O TEMPO O PERMITE, O VINDEIRO SÁBADO, 14 DE ABRIL. A INSCRICIÓN É GRATUITA E XA ESTÁ ABERTA.
O responsable da sección de pesca do CNR, Ramón Pérez González, sinalou que “sobre as nove e media da mañá do sábado haberá concentración de pescadores infantís no muelle. Cada pescador levará unha caña e estaremos pescando desde as 10:30 ás 12:30 horas, máis ou menos. Será si o tempo o permite, porque si vemos que está mal e complicado aplazaríamos ou suspenderíamos o campionato”.
Pérez González indicou que “as pezas capturadas que non dean as medidas legais pescaránse e soltaránse, non se poden levar para a casa… cada peza pescada terá o valor dun punto e despois aquelas que dean as medidas legais terán outra puntuación a parte”.
O Club Náutico de Ribadeo agarda contar coa mesma afluencia de pescadores infantís que o ano pasado “aínda que é complicado porque esta fin de semana hai máis actividades para os nenos nesta zona como torneos de fútbol, deporte escolar, etc, etc”. No 2011 foron unha veintena os nenos que acudiron a esta cita.
No campionato infantil de pesca do 14 de abril haberá trofeos para os 1º, 2º e 3º clasificados, trofeo á maior peza e trofeo ao pescador máis novo. O cebo empleado será proporcionado polo Club Náutico de Ribadeo.
Ramón Pérez González, responsable da sección de pesca do CNR, considera que “entre os nenos de Ribadeo hai afección á pesca, pero váise collendo un pouco máis a medida que van medrando os rapaces”. Desde o Club Náutico de Ribadeo recomendan a todos os que queiran participar no campionato do vindeiro sábado “a inscribirse polo menos o día antes para saber a cantidade de cebo que precisamos. Ya sabemos que hai un grupo que participará e estando a partires das nove da mañá polo muelle tamén é suficiente”. Ramón Pérez anima “a nenos e pais a acudir a esta cita, sempre se está a gusto. É un deporte relaxante, agradable, tranquilo, para min é un deporte perfecto. Agardamos que o tempo acompañe e dicirlles tamén que ao remate haberá uns pinchos”. O aperitivo e a entrega de premios están previstos para as 13:15 horas.
Remitido