Site icon Crónica3.com A Mariña

O colectivo Chilindrín de Celeiro presentou o I Festival de primavera


Membros da directiva da A.C.D. “PENALBA-COLECTIVO CHILINDRÍN” de Celeiro,

presentaron esta tarde no local da asociación a celebración do “I FESTIVAL DE

PRIMAVERA”, o mesmo terá lugar o vindeiro venres 13 de abril, a partir das 23 horas

na explanada lateral da Piscina Municipal en Celeiro e actuarán as orquestas COSTA

OESTE, que presenta a súa xira 2012 “Boxing Tour” e a orquesta PANORAMA, coa

presentación do seu novo espectáculo do ano 2012 “Magic tour-La Gira del Sol”

O prezo da entrada será de 7 euros, que se venderá directamente en taquilla o mesmo

día a partir das 22 horas, cando abrirán as portas do recinto. Ademais, todas as socias

e socios da ACD Penalba, terán entrada de balde, e as persoas que presenten os

cupóns que se poderán recortar nos xornais locais a vindeira semana terán 1€ de

desconto.

Os integrantes da directiva destacaton “o obxetivo da celebración do Festival de

Primavera é a recaudación de fondos para as FESTAS DE CELEIRO 2012 que se

celebraran como ven sendo habitual no mes de Xullo no noso pobo”. Lembraron

ademais, “nesta época durante os últimos dous anos fixemos un baile de primavera na

Casa do Forno, pero este ano decidimos traspasar as súas paredes e organizar un

festival, do que poda disfrutar toda a xente de Celeiro e todos os que se queiran

achegar”

Exit mobile version