Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación e o concello de Burela colaboran na organización da actividade Aversión Fest

O EQUIPO DE GOBERNO SEMPRE ESTÁ A CARÓN DE XUVENTUDE BURELESA. O CONCELLO APORTA OS MEDIOS MATERIAIS E HUMÁNS PARA A CELEBRACIÓN DUNHA NOVA EDICIÓN DO AVERSION FEST.

Burela, 3 de abril de 2012. O alcalde, José Mª González Barcia, estará esta tarde ás 17:30 horas na presentación da nova edición do Aversion Fest, que se celebra os días 6 e 7 de abril en Burela. O Concello, a través da Delegación de Cultura e Xuventude, colabora na organización do Aversion Fest coa aportación dos medios materiais e humáns necesarios para o desenvolvemento desta cita musical.

Desde o equipo de goberno lembran que “o PP sempre estivo a carón da xuventude, como o demostra a edición no seu día dun cd coas creacións dos grupos musicais de Burela, a posta en marcha da Casa da Xuventude ou a organización das noites alternativas”.

ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DO AVERSION FEST 2012

O festival celebrarase no pub Gallaecia de Burela os días 6 e 7 de abril

Burela, 3 de abril de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou na tarde de hoxe na presentación do Aversion Fest 2012, que este ano celebra a súa segunda edición, os días 6 e 7 de abril no pub Gallaecia de Burela, desde as 22:30 horas e 22:00 horas, respectivamente. Malia ter nacido coma un festival orientado ao Metal, Hardcore e xéneros afíns, este ano verase ampliada a oferta musical. Lonxe de mesturar os xéneros musicais, a idea é dedicar a primeira noite ao Rock, o Punk e estilos afíns; e a segunda ao Metal, o Hardcore e músicas semellantes.

A principal novidade deste ano está en que o festival se prolongará durante dúas noites en lugar de unha. A primeira noite terá como asunto o lume, asociado á cor vermella; e a segunda ten como tema o caos, asociado á cor morada. “Para decorar o recinto usaremos materiais reutilizados na medida do posible. Desta maneira fomentamos o aproveitamento de recursos por medio da reciclaxe”, apuntou un dos organizadores.

Exit mobile version