Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela homenaxea ao policía nacional Rodrigo Maseda e descubrirá un monólito na praia do Cantiño

O CONCELLO ORGANIZA UN ACTO DE HOMENAXE AO POLICÍA NACIONAL RODRIGO MASEDA. TODO APUNTA, SEGUNDO O ALCALDE, A QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO 28 DE ABRIL. ESE DÍA DESCUBRIRASE UN MONOLITO NA PRAIA DO CANTIÑO, Á QUE O AXENTE FALECIDO NO ORZÁN ESTABA MOI VINCULADO.

Ribadeo, 10 de abril de 2012. O Concello de Burela organiza un acto de homenaxe ao policía nacional Rodrigo Maseda. Todo apunta, segundo o alcalde, José Mª González Barcia, a que se celebrará o vindeiro 28 de abril. Ese día descubrirase un monolito na praia do Cantiño, á o que o axente falecido na traxedia do Orzán estaba moi vinculado.

O Concello de Burela organiza un acto de homenaxe a Rodrigo Maseda, que se celebrará “casi con toda seguridade para o vindeiro 28 de abril ás doce do mediodía, acto de homenaxe que foi falado coa familia en varias ocasións para perfilar de común acordo con eles a idea que tiña o Concello, que é intentar que sexa un acto no que o pobo de Burela lle brinde o seu recoñecemento a este policía nacional que deu a súa vida por outras persoas”, segundo explicou esta mañá o rexedor.

González Barcia sinalou que “o acto vai consistir na colocación dun monolito cunha placa, prácticamente ao comezo da baixada da praia do Cantiño. Elexíuse esta zona de acordo coa familia porque Rodrigo Maseda era un namorado da praia do Cantiño, pasaba alí boa parte do seu tempo libre, alí nadaba, alí disfrutaba do seu tempo de ocio e, repito, de común acordo coa familia optamos por colocar alí un monolito cunha placa que en liñas xerais poña o pobo de Burela, en recoñecemento ao policía nacional Rodrigo Maseda”.

O alcalde convida “a todos os cidadáns bureleseses a que pariticipen ese día nesta homenaxe. Insisto, non está a data cerrada de forma definitiva, pero con casi toda seguridade será para o dia 28 de abril. Tiñamos barallado a posibilidade de que fose o día 14, pero xa había prevista unha homenaxe tamén a outro cidadán de aquí, de Burela, a Martín, que foi unha das persoas que iniciou a romaría do monte castelo”. González Barcia engadiu que “estaba previsto tamén, logo despois, cambiar a homenaxe a Rodrigo Maseda para o dia 21 de abril, pero vaise celebrar unha homenaxe aos tres policías falecidos no Orzán en conxunto as forzas e corpos de seguridade do estado que participaron nas labores de busca e de rescate na Coruña. Ese día 21 é unha homenaxe organizada polo goberno do Estado en Coruña e como tampouco queriamos facer o acto de Burela antes dos actos institucionais organizados polo goberno da nación optamos por elixir o día 28 de abril, insisto está sen concretar pero todo apunta a que vai ser ese día”.

O alcalde de Burela, José María González Barcia, asistiu hoxe na Coruña ao acto de homenaxe celebrado este mediodía.

Remitido

Exit mobile version