Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela inicia os pagos a entidades deportivas do concello

O CONCELLO FARÁ EFECTIVO ENTRE HOXE E MAÑÁ O PAGO DOS CONVENIOS ASINADOS NO SEU DÍA CO BURELA FS, CO CLUBE BALONCESTO BURELA E COA SD BURELA.

Burela, 3 de abril de 2012. O Concello de Burela fará efectivo entre hoxe e mañá o pago das cantidades pendentes de abono correspondentes aos convenios asinados no seu día co Burela FS, co Clube Baloncesto Burela e coa SD Burela, segundo ven de anunciar a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro.

O importe total das cantidades que se abonarán estes días ascende a 52.000 euros. Tamén se pagará ao Burela FS outra pequena cantidade que se lle adebedaba.

A edil de Deportes reiterou que “as circunstancias actuais non permiten marxe de maniobra, pero a intención do equipo de goberno é recuperar as subvencións aos clubes deportivos de Burela tan pronto como a situación económica o permita”.

Limpeza de praias

A Delegación de Medio Ambiente procede estes días á limpeza dos areais de Burela “para adecentalos de cara a esta semana santa. O mar arrastrou ás praias unha cantidade importante de madeira, que estamos tentando retirar estes días. A nosa intención é ter os areais o máis limpos posible para o seu disfrute por parte dos veciños e das veciñas de Burela e dos visitantes que se achegarán ao longo dos vindeiros días á nosa vila”.

Exit mobile version