Site icon Crónica3.com A Mariña

O domingo 15 celebrase a VI Feira da artesanía do ferro en Riotorto

VI FEIRA DA ARTESANIA DO FERRO – RIOTORTO ‘12

O son dos ferreiros volverá a soar unha vez máis o vindeiro domingo de 10 abril, nunha celebración na que a promoción e exhaltación deste oficio será a base fundamental desta cita.

Catro ferreiros do municipio exhibirán o seu dominio do oficio, aínda que haberá tamén ferreiros de Fonsagrada, Pontevedra, Santiago e Taramundi. As demostracións en vivo deixarán paso aos obradoiros de olería, talla de madeira e carbón vexetal, así como espectáculos de animación ofrecidos por Pepe Penabade co persoaxe Buqueiras e O Cego e Lazarillo a cargo da compañía A Boneca Lareta. A variedade está asegurada, pois a Riotorto acudirán tamén uns setenta expositores de diferentes especialidades e que realizan os seus traballos artesáns con materiais coma o coiro, xoieria, vidro, madeira, fimo, mármol,…  (cerca de corenta se ubicarán no pavillón e os restantes adicados fundamentalmente á alimentación estarán emprazados ao longo das rúas contiguas ao recinto feiral.

A charanga Aires do Padornelo de Mondoñedo ofrecerá sendos pasarúas pola mañá e pola tarde amenizando aos visitantes, en tanto que a BANDA DE MÚSICA SANTO INOCENCIO DE TEIXEIRA (BURELA) poñerá o punto e final a esta xornada cunha actuación ás 8 da tarde na praza do Concello.

VI FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

DOMINGO 15 DE ABRIL

11,00 h. APERTURA DA FEIRA

Artesanía dos ferreiros en Riotorto, Obradoiro de Ferro Infantil, Exposición Artesáns, Obradoiros de Alfarería, Torneado de madeira e Carbón vexetal

11,15 h. Pasarrúas a cargo da CHARANGA AIRES DO PADORNELO (Mondoñedo)

Obradoiro de Alfarería a cargo de Os de Laura (Buño)

Obradoiro de Torneado de madeira a cargo de Julio Iglesias (Ortigueira)

Obradoiro de Carbón vexetal a cargo do carboeiro “Diego da Pasada” (ata as 17,00 horas)

12,00 h. Acto de inauguración Oficial da VI Feira da Artesanía do Ferro

Actuación musical dos Gaiteiros de Riotorto e do Coro Parroquial

12,30 h. Demostración en Vivo da Artesanía do Ferro: Ferreiros de Riotorto, Ferreiros de A Fonsagrada, Enforjarte (artesanía de forxa artística de Pontevedra) e Alberto Leis (Ferreiro de Santiago de Compostela).

Animación de Rúa a cargo da compañía A Boneca Lareta co espectáculo O CEGO E O LAZARILLO

13,00 h. Obradoiro de Ferro Infantil, a cargo do Ferreiro austriaco Friedrich Bramteidl

13,30 h. Animación de Rúa a cargo de Volta e Dalle co espectáculo BUQUEIRAS

17,00 h. Pasarrúas a cargo da CHARANGA AIRES DO PADORNELO (Mondoñedo)

Demostración en Vivo da Artesanía do Ferro: Ferreiros de Riotorto, Ferreiros de A Fonsagrada, Enforjarte (artesanía de forxa artística de Pontevedra) e Alberto Leis (Ferreiro de Santiago de Compostela).

Obradoiro de Ferro Infantil, a cargo do Ferreiro austriaco Friedrich Bramteidl

Animación de Rúa a cargo da compañía A Boneca Lareta co espectáculo O CEGO E O LAZARILLO

18,00 h. Animación de Rúa a cargo de Volta e Dalle co espectáculo BUQUEIRAS

20,00 h. Actuación musical a cargo da BANDA SANTO INOCENCIO DE TEIXEIRA – BURELA

Durante toda a xornada:

Obradoiros de ALFARERIA – TORNEADO DE MADEIRA – CARBÓN VEXETAL

Carpa con degustación de Polbo e Comida

Exit mobile version