Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ensino foi o vencedor da final provincial de baloncesto feminino infantil celebrado en San Cibrao

O Ensino declárase o vencedor da Final Provincial de Baloncesto Feminino infantil celebrado en San Ciprián

-O colexio Martínez Otero de Foz quedou en segundo posto e o Lourenzá Mondoñedo en terceiro lugar

-O alcalde e o edil de Deportes fixeron entrega das medallas e os trofeos

Cervo, 23 de abril de 2012-O equipo lucense Ensino foi o gañador da Final Provincial de Baloncesto Feminino infantil disputada o domingo no pavillón da Veiga de San Ciprián. As lucenses impuxéronse na final ás focenses do Martínez Otero por 60-38. Os equipos Lourenzá Mondoñedo e María Auxiliadora xogaron polo terceiro e o cuarto posto nun encontro moi igualado que rematou en 29-24 a favor do equipo mariñán. Deste xeito, a clasificación quedou da seguinte maneira:

1º Ensino de Lugo

2º Martínez Otero de Foz

3º Lourenzá Mondoñedo

4º María Auxiliadora de Lugo

O torneo deportivo desenvolveuse durante todo o día e, mentres pola mañá se xogaron os encontros de semifinais, pola tarde disputáronse os partidos decisivos. Ás 16:30 horas empezaba o encontro no que se decidiu o terceiro o cuarto posto e máis tarde, ás 18:00 horas, comezaba a final entre o Ensino e o Martínez Otero.

Unha competición á que acudiron Pablo Fernández Asensio, xefe coordinador da área de Mar para a Mariña e Ortegal, e a Delegada Provincial da Federación Galega de Baloncesto, Patricia Rico. Ao remate dos encontros tivo lugar a entrega de medallas a todos os equipos participantes e os trofeos aos dous primeiros. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, foron os encargados de realizar a entrega.

Remitido

Exit mobile version