Site icon Crónica3.com A Mariña

O EO-Festival disporá de servizo gratuíto de buses entre Tapia, Ribadeo e Castropol

O EO FESTIVAL DISPORÁ DE SERVIZO GRATUÍTO DE BUSES ENTRE TAPIA, RIBADEO E CASTROPOL.

Castropol, 4 de abril de 2012. O Eo Festival disporá de servizo gratuíto de buses entre Tapia, Ribadeo e Castropol para desprazar aos asistentes ao primeiro festival de música electrónica a beiras do Eo. A cita dará comezo o venres, 6 de abril, ás 18 horas.

O Eo Festival reunirá a 18 artistas que farán as delicias dos seus fans e seguidores durante 16 horas. Segundo a organización “trátase dos mellores do panorama nacional e internacional”.

O primeiro festival de música electrónica a beiras do Eo comezará o 6 de abril ás seis da tarde e concluirá o 7 de abril ás nove da mañá. Desenvolverase en dúas zonas, e os asistentes contarán con amplos aparcadoiros, baños, bocaterías e pizzerías. Ademais poderán descansar nos cámpings do Occidente astur e da Mariña lucense. A empresa organizadora Muíño Producións sinala que “haberá servizo de buses para conectar Tapia, Vegadeo e Ribadeo con Serrasa en Castropol?. A liña de Ribadeo contará coas seguintes paradas: Pica (Ribadeo), Casa do Mar (Figueras), Eo Festival, Concello (Vegadeo) e Pica (Ribadeo). A liña de Tapia fará o seguinte percorrido: estación de servizo (Tapia), hotel Chiquín, cámping Varres, Eo Festival, estación de servizo (Tapia). As dúas liñas de autobús son gratuítas. Os percorridos serán circulares desde as seis da tarde do venres ata o final do festival. A organización recomenda ?deixar os coches nas localidades de Ribadeo, Tapia, Vegadeo ou Figueras, xa que contan con amplas zonas de aparcadoiro, e que os asistentes desprácense nos buses ata o recinto do Eo Festival. É moito máis cómodo para todos”.

A música electrónica invadirá Castropol o 6 de abril. No festival participarán: Paco Osuna, Alexander Kowalski, Gaiser, David Ferreiro, David Mallada, Héctor Llamazares, Richi Risco, Fernando Mesa, Óscar Mosqueira, Lelé and Kico Vila, Igor, Dr.Think, Marcial Bescos, Roberto Reko, Kanike, David SM e Joshua Porta.

O prezo das entradas para asistir ao Eo Festival en venda anticipada é de 20 euros. Están dispoñibles en Musikaze e Pica. En despacho de billetes o prezo das mesmas será de 25 euros.

Exit mobile version