
O luns, día 23 de abril, os rapaces do Colexio de Primaria “Castro de Ouro” de Alfoz asistiron no Salón de Actos da Casa da Cultura a unha actuación do grupo Xanela do Maxín, que representou a súa obra “Contos do Titiriteiro”. Durante unha hora os rapaces disfrutaron da actuación, na que se contaban algúns contos coa axuda de diversos bonecos e caretas agochados dentro de grandes libros, todos eles construídos con material reciclado.