Site icon Crónica3.com A Mariña

O policía burelés Rodrigo Maseda será homenaxeado en Burela o 28 de abril nun acto nas inmediacións da praia do Cantiño

O ALCALDE ASISTIRÁ MAÑÁ NA CORUÑA Á HOMENAXE AOS TRES POLICÍAS NACIONAIS FALECIDOS NA TRAXEDIA DO ORZÁN.

Burela, 20 de abril de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, asistirá mañá sábado, 21 de abril, na Coruña ao acto de homenaxe aos tres policías nacionais falecidos na traxedia do Orzán o pasado mes de xaneiro.

Dito acto terá lugar en Expo-Coruña a partires das 11 da mañá e está organizado polo Ministerio de Interior. O seu titular, Jorge Díaz Fernández, estará mañá na cidade herculina xunto á ministra de Fomento, Ana Pastor.

Acto en Burela

Rodrigo Maseda, o policía burelés que faleceu no Orzán xunto a outros dos compañeiros cando tentaban restacar ao estudiante eslovaco Tomás Velicky, será homenaxeado en Burela polo Concello e pola súa xente o vindeiro 28 de abril nun acto que se desenvolverá nas inmediacións da praia do Cantiño a partires das 12 do mediodía.

Remitido

Exit mobile version