Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que o alcalde converte Mondoñedo nunha cidade non só cara para vivir, senón tamén incómoda para traballar e sobrevivir

A xestión de Orlando González converte Mondoñedo nunha cidade non só cara para vivir, senón tamén incómoda para traballar e sobrevivir

 O rexedor local prohibe o aparcadoiro na zona da Fonte Vella sen consensuar a decisión cos veciños nin ofrecer alternativas ao respecto

 O PP pídelle a González Cruz que rectifique na súa xestión contradictoria co benestar dos veciños e evite unha política distante e carente de verdade

Mondoñedo, 11 de abril de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo queixase da xestión emprendida polo rexedor local Orlando González Cruz, que está a converter a cidade de Mondoñedo nun lugar non só caro para vivir, tal e como critica dende fai tempo o Grupo Popular, senón que, tamén agora, traballar e sobrevivir na cidade é incómodo.

Esta situación de dificultade para desprazarse por Mondoñedo acrecéntase coa prohibición de estacionar na zona da Fonte Vella. A portavoz local do Partido Popular, Elena Candia, explica que o rexedor local tomou esta decisión sen consensuar cos veciños nin ofrecer alternativas ao respecto. Candia pídelle a Orlando González que rectifique na súa xestión contradictoria co benestar dos veciños e evite unha política distante e carente de verdade.

A popular fai estas declaracións en relación as manifestacións vertidas polo rexedor local en prensa, o pasado venres, nas que lles pediu aos veciños que presentaran alegacións a situación por rexistro. Unha decisión, segundo Candia, tomada para saír do paso e incurrindo en falta de verdade, xa que houbo veciños que presentaron un escrito o primeiro día hábil dende a emisión das declaracións do alcalde, e sen marxe de tempo a reaccionar xa se colocaron as sinais que prohiben o estacionamento.

Ante esta situación, a portavoz popular critica que o goberno local non escoite aos veciños e que tomen decisións que inflúen negativamente na vida dos mindonienses sen escoitalos previamente nin ofrecerlles ningún tipo de alternativas. Ademais de criticar a falta de consenso, Candia pídelle ao rexedor local que acerque o goberno local á cidadanía e manifesta as súas queixas polo procedemento tomado polo goberno para levar a cabo esta decisión, incurrindo en mentiras na decisión tomada. Candia asegura que é obvio que a petición de rexistrar alegacións só se tomou en base a necesidade de conseguir tempo para actuar, xa que cando se presentaron as queixas veciñais, sen tempo a reacción, as sinais xa estaban colocadas sen atender as súas demandas.

A política en materia de estacionamento emprendida polo goberno local é contradictoria e contraproducente, incrementando as sancións de tráfico que repercuten tamén negativamente nos veciños. Candia recorda a política sancionadora emprendida no entorno do PAC a veciños que acoden con urxencia ao centro médico. Dende o grupo popular proporán unha alternativa neste senso para que se habilite unha parte da alameda dos Remedios como zona de estacionamento.

Ante esta decisión tomada polo goberno local, dende o Grupo Popular piden a rectificación das medidas tomadas polo rexedor co obxecto de facilitarlle aos veciños a residencia en Mondoñedo e de non ser así, piden alternativas ao respecto.

Remitido

Exit mobile version