Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que os máis de 2 millóns de euros destinados ao Plan de Cooperación con entidades veciñais poderían manter o investimento do POS

O PP asegura que os máis de 2.000.000 de euros destinados ao Plan de Cooperación con entidades veciñais poderían manter o investimento do POS

Candia: “xa que o bipartito, non creía no Plan de Cooperación con entidades veciñais, que o destine agora, nun momento de crise económica, ao Plan de Obras e Servizos”

. Os populares lembran que o bipartito, cando non estaba no goberno criticou duramente o Plan de Cooperación con entidades veciñais de corrupto, clientelar e caciquil

Lugo, 28 de abril de 2012.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, proponlle ao goberno da Deputación que destine os máis de 2.000.000 de euros destinados ao Plan de Cooperación con entidades veciñais, agrupacións e Asociacións Veciñais, ao Plan de Obras e Servizos.

Lembrou a voceira dos populares que a partida do Plan de Obras e Servizos, que no 2011 ascendía a máis de 1.072.000 millóns de euros, (cantidade, que segundo argumentaron en pleno, foi reorientada ao plan de fomento do emprego, postos de traballo que se lograrían coa inversión no plan do POS), foi suprimida polo actual goberno de Mariano Rajoy debido a herdanza envelada que nos deixou o anterior goberno socialista

“O Goberno de Mariano Rajoy asumiu o poder co firme compromiso de reducir o déficit público en 2012 ata o 5,3% fronte ao 8,51% herdado dos socialistas que equivalía no 2011 a un buraco de 91.344 millóns de euros nas contas públicas e a unha débeda que alcanza os 734.961 millóns. Ante esta situación, os orzamentos deben caracterizarse polo seu realismo, a súa rigorosidade e a súa credibilidade”- lembrou a voceira dos populares na Deputación de Lugo.

Candia insistíu en que nesta difícil situación económica que vive España é necesario conseguir a maior eficiencia no emprego de recursos.

“Somos coñecedores de que existe anualmente un plan de cooperación con entidades veciñais. Un plan que, por certo, o bipartito criticaba duramente cando non estaba no goberno. Tachábao de corrupto, clientelar e caciquil. Debido a que o bipartito non creía nel e vendo a situación económica que atravesamos, é o momento de ser responsables e sendo esclavo das súas palabras, o goberno bipartito debería empregar ese orzamento no Plan de Obras e Servizos”- afirmou Candia.

A voceira popular na Deputación de Lugo manifestou que na meirande parte das ocasións, ese orzamento vai adicado a locais sociais pouco empregados, a prazas sen mantemento, que ao pouco tempo presentan un aspecto deplorable e incluso, en ocasións, en emprego de fondos públicos para adecentar lugares privados, o que parece indicar que se trata de pagar favores políticos.

Candia afirma que en momentos de clara necesidade de axustes, a optimación dos recursos pasa pola coordinación e polo necesario entendemento entre administracións que evite as duplicidades na oferta de servicios e mostre cooperación. Dado isto e ante a necesidade de continuar cun plan que non só permite a mellora na calidade de vida dos lucenses senón que tamén permite xerar emprego, a actitude da Deputación provincial deberá ir encamiñada a asumir o compromiso, na medida das súas posibilidades, de evitar a reducción orzamentaria deste plan.

Remitido

Exit mobile version