Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que o presidente da Deputación minteu aos medios de comunicación ou minteu na sesión plenaria sobre a creacción das residencias

O Grupo Provincial Popular critica ao Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro por evitar responder á creacción da residencias

Candia: “Unha de dúas, ou Besteiro minteu aos medios de comunicación ou minteu na sesión plenaria”

Lugo, 24 de abril de 2012- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia criticou o feito de que o Presidente da deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, evitase respostar á pregunta formulada sobre a creacción das residencias.

Ante esta pregunta formulada: “No pleno do 26 de outubro de 2010,a Deputación provincial presenta unha encomenda de xestión a Suplusa (Sociedade Urbanística Industrial de Lugo) para a construcción e a xestión de centros de atención a persoas maiores. En declaracións recollidas nos medios o pasado venres 13 de abril de 2012, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, sinalaba que no próximo mes se decidirían as primeiras obras da rede de xeriátricos”:

1- Pode confirmar en que municipios comezarán as obras dos centros de atención a maiores?

2.- Cando ten previsto o remate da totalidade dos centros de atención programados?

A voceira do pp na deputación mostrase sorprendida de que respondese con tanta rotundidade e firmeza nos medios de comunicación, dando a enteder que todo estaba previsto e planificado e nembargantes no pleno evitase dar contestación decindo que se traslada a SUPLUSA.

Candia asegura que ou ben o Gómez Besteiro minteu aos medios de comunicación ou minteu na sesión plenaria.

Remitido

Exit mobile version