Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo quere que se dinamice dende o concello

O PP de Mondoñedo pídelle a Orlando González que faga uso das competencias locais para dinamizar o concello e non para afogar aos veciños

• Tendo en conta o caracter turístico de Mondoñedo e da súa Semana Santa, O PP critica que o alcalde non aproveite esta oportunidade activadora de Mondoñedo
• O PP local traballa para aunar os esforzos de todas as administracións coa fin de materializar un plan de dinamización para Mondoñedo

Mondoñedo, 12 de abril de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo pídelle ao rexedor local, Orlando González Cruz, que faga un uso produtivo das competencias que lle corresponden ao ente local. Así, a portavoz local, Elena Candia, solicítalle a Orlando González que as actuacións do organismo municipal procuren a dinamización do concello e non o afogo dos veciños.

Segundo explica Candia, as políticas emprendidas polo goberno mindonienses lonxe de explotar os recursos cos que conta a cidade para reactivar a súa economía, caracterízanse pola deixadez, o pasotismo e unha actitude que non busca o consenso. Un claro exemplo queda reflectido na falta de defensa dos recursos e atractivos turísticos de Mondoñedo. Segundo explica Elena Candia, o rexedor local non aproveita a Semana Santa de Mondoñedo como unha oportunidade activadora dunha localidade caracterizada polo seu alto valor cultural e relixioso.

A portavoz local exemplifica que a falta de implicación en temas turísticos queda patente na pouca representación institucional na procesións de Semana Santa, que segundo Candia, a marxe de razón relixiosas, “calquera rexedor local debe defender todos os recursos e atractivos turísticos, sendo a Semana Santa un deles”. Dada a tradición relixiosa e cultural de Mondoñedo, a Semana Santa da localidade tería un valor turístico que ben proxectado poderíase incluso chegar a equiparar a de Viveiro ou a de Ferrol. Candia recorda que o rexedor local desaténdese de eventos dinamizadores para Mondoñedo, tal e como acontecera no seu momento coa organización da feira das San Lucas.

Porén, o grupo municipal do Partido Popular de Mondoñedo quere aproveitar a ocasión para felicitar e agradecer o traballo desinteresado de todos os que colaboran na organización deste evento mindoniense.

En resumo, para Candia a falta de proxecto, pero sobre todo de ganas de traballar, a pesar de contar con dúas dedicacións exclusivas, queda patente nos reiteirados erros de xestión.

En contra diso o grupo popular procura a unión do esforzo das distintas administracións e materializar un plan dinamizador para a cidade de Mondoñedo, cumprindo así co compromiso adquirido a raíz do peche da filial de Finsa, Ecar, na localidade de Mondoñedo. Nesta mesma liña de traballo, representantes da Consellería de Industria participarán mañá nunha xuntanza, ás 12:00 no concello de Mondoñedo, á raíz do compromiso asumido na mesa de traballo.

ACLARACIÓN NOTA DE PRENSA ENVIADA ONTE EN RELACIÓN AO ESTACIONAMENTO NA CIDADE DE MONDOÑEDO

O PP local proporá unha alternativa para solucionar os problemas de estacionamento e evitar a política sancionadora emprendida no entorno do PAC. Para elo dende o grupo popular pedirán que se habilite unha zona da alameda dos remedios para o estacionamento dos pacientes que acudan ao centro médico. Esta proposta buscar solucionar os problemas que xorden en torno ao centro médico, pero non se trata dunha alternativa para a prohibición de estacionamento no entorno da Fonte Vella.

PARTIDO POPULAR

Exit mobile version