Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo valora moi positivamente a implicación social para buscar un asentamento empresarial

O PP local valora moi positivamente a implicación social para buscar un asentamento empresarial en Mondoñedo e ponse a disposición das asociacións

 Este movemento confirma que o PP ía acertado solicitando a creación da comisión de participación cidadá

 O bipartito negou en dúas ocasións dar cabida ao movemento asociativo na actividade municipal

 Candia asegura que a situación que vive Mondoñedo precisa da unión e do esforzo de todos

Mondoñedo, 26 de abril de 2012- O Grupo Municipal do Partido Popular valora moi positivamente a implicación social para buscar un asentamento empresarial en Mondoñedo. Esta forza política ponse a absoluta disposición de todas e cada unha das trinta asociacións así como da Plataforma Mondoñedo Unido para facilitar toda canta información precisen das xestións levadas a cabo e das propostas que fixo o Partido Popular, así como para recoller suxerencias, que permitan acadar o obxectivo que todos buscamos: mellorar a situación que vive a nosa cidade.

Así mesmo o Partido Popular propón que o bipartito debe replantearse a negativa da creación da Comisión de Participación Cidadá, dado que unha vez máis hai datos obxectivos que xustifican a súa creación. En dúas ocasións este partido levou a sesión plenaria, en dúas mocións, a necesidade de crear esta figura, ao que o bipartito se negou, segundo os populares, de xeito absolutamente inxustificado.

A portavoz do PP local, Elena Candia, informa que o Grupo Popular levaraa por terceira vez a debate plenario e deste xeito, se conseguimos que rectifique o bipartito, solicitar a inclusión da Comisión de Participación Cidadá na Mesa de Seguemento creada a raíz do peche de Finsa.

O PP local aproveita ademais para invitar as asociacións a participar activamente nas actividades que a Mesa de Seguemento aceptou a proposta do Partido Popular. A primeira delas terá lugar o vindeiro cinco de maio para analizar un dos posibles sectores que pode xerar emprego na nosa localidade: A XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE, prestando especial atención a biomasa.

Posteriormente en xuño traballarase tamén para a mellora a prol dun dos sectores con futuro na nosa comarca: O TURISMO. Cerra este ciclo en xullo, unha mesa de traballo que se centra en autónomos e pequenas empresas.

O Partido Popular está aberto a outras propostas e amosa a súa dispoñibilidade para tramitalas e solicitar información a todas as administracións implicadas se fora preciso.

Remitido

Exit mobile version