Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro constata falta de transparencia na vida municipal

O Grupo do Partido Popular de Viveiro constata unha vez máis a falta de transparencia e a cobardía política do Sr. Roel

No último Pleno celebrado no Concello de Viveiro o 26 de abril, unha vez máis o Sr. Roel deixou patente a súa transparencia e claridade cando se trata de informar sobre asuntos da vida municipal; asi non foi quen de respostar a ningunha das trece preguntas formuladas polo noso grupo sobre o asunto do “Celeiriño”, amosando esa cobardía e inoperancia que o caracteriza que o leva a escudarse coma case sempre noutros para ocultar a súa incompetencia, neste caso no tema xudicial

( onde a bo seguro vai ter que respostar a moitas máis ). Que nos saibamos non hai declarado ningún secreto sumarial por este caso, polo que coma case sempre recurre a unha disculpa de mal pagador para escaparse polo cerros de Ubeda.

O que está claro é que o Sr. Alcalde, quen sempre se erixe en defensor dos intereses dos vecinos e veciñas de Viveiro, di unha cousa e logo fai a contraria, xa que co seu modo errático de gobernar foi capaz de convertir unha situación tan grave coma a do Celeiriño, en algo desesperante, posto que nos máis de catro que fai que isto aconteceu, non moveu ficha para dirimir responsabilidades e facer que pagasen os autenticos culpables, e agora por riba non so nega a información o noso grupo, senón por extensión a todos os veciños e veciñas de Viveiro quen con parte dos seus impostos están a sufragar unha desfeita creada por outros. Ante esta situación o noso grupo vaille a solicitar á Secretaria municipal, que nos informe se despois de ter solicitado por rexistro ( en tempo e forma) as preguntas para o Pleno, o Sr. Alcalde se pode negar a contestarnos, porque o que si está moi claro e que non imos permitir que se conculque o noso dereito á información, mesmo como si temos que denuncialo ante o Valedor do Pobo.

Sobre as preguntas do déficit tampouco foi quen de respostar dun xeito convincente, escudándose en que ainda non estaba cerrada a conta xeral do 2011, pero como teña o mesmo control que tivo coas do 2009 e 2010 moito nos tememos que nos quedaremos como estamos, é dicir, sin resposta as nosas preguntas.

Poderían al menos aclararse entre os socios de goberno, porque os do BNG din que eles non foron os causantes de semellante gasto

( lembremos 1,1 millóns de euros ) e o propio Alcalde nalgún medio de comunicación, afirma xustamente o contrario, polo tanto uns polos outros e Viveiro desgobernado e desinformado.

Tamén se nos dixo que para parar esta sangría económica se ía aplicar o Plan de axuste, que por certo, aínda está por ver que o ministerio o aprobe. De non ser asi, moito nos tememos que o gasto sin ton nin son seguirá e a asfixia económica do noso Concello será irreversible.

Dende o grupo do Partido Popular de Viveiro, imos seguir preguntando todo aquelo que estimemos oportuno e necesario para o correcto desempeño da nosa función. Aínda que o Sr. Alcalde nos de a calada por resposta, nos seguiremos a preguntar e utilizaremos todos os recursos legais que estén na nosa man para que se nos conteste.

De persisitir nesta actitude de negar a información solicitada polo noso grupo, está moi claro que non nos imos deixar avasallar por quen carece da máis mínima responsabilidade institucional e neste caso como xa advertimos anteriormente, verémonos na obriga de denunciar esta actitude, cando menos, ante o Valedor do Pobo.

Remitido

Exit mobile version