Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP insta á Deputación a que axilice a construcción e a posterior xestión das residencias para persoas maiores

O PP de Lugo insta á Deputación a que axilice a construcción e a posterior xestión das residencias para persoas maiores tal e como prometera

Lugo 9 de abril de 2012.- O Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro e a voceira do PP na Deputación, arremeteron duramente esta mañá contra o Presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro.

“É a matutina de sempre. Outra vez temos que arremeter contra este señor polos seus incumplimentos e instalo a que cumpra cos seus compromisos, tanto de creación como de xestión. Falamos agora das residencias. Algo do que alardeou a bombo e platillo antes das eleccións municipais pero a día de hoxe vemos que non hai unha sola residencia das que prometeu”.

O Presidente do PP en Lugo lembra que o equipo de goberno presentou no pleno do 28 de outubro de 2010 unha proposta de goberno na que se encomenda á Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. a construción e xestión de centros de atención a persoas maiores, tendo en conta que esta Sociedade nos orzamentos de 2010 xa dispoñía dunha previsión orzamentaria de doce millóns de euros. Unha proposta que fora aprobada por unanimidade coa única petición do goberno popular na que se solicitaba unha clara información sobre cales foron os criterios de decisión para a elección dos concellos, co obxecto de que a Deputación gobernara para todos.

Candia afirma que a día de hoxe non se materializou a construción desas residencias as que se comprometeu a Deputación baseándose nos riscos propios que configuran ao sistema social, nin se ten coñecemento da situación na que se atopa o procedemento que lle afecta a liquidez dos concellos, en relación coas condicións básicas dos criterios de firma do convenio.

Presidente do PP en Lugo e a voceira dos populares na Deputación lembran que o compromiso asumido pola ente provincial incluía tanto a construción como a xestión, fixando uns prezos para os cuartos co fin do servizo social que presta.

Neste senso de colaboración, o Partido Popular presentou en marzo de 2011 unha moción no Pleno da Deputación na que, entre outras cousas pedía a creación dunha de Comisión de Coordinación entre a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e os Concellos onde se construirán as residencias de maiores coa fin de acadar unha maior eficacia e rendibilidade social dos recursos.

Nesta Comisión determinaríanse, entre outros elementos, os distintos niveis de participación das administracións implicadas, Xunta, Deputación e Concellos, en todo o proceso de construcción, xestión e mantemento das ditas residencias. Unha iniciativa rexistrada en acta co voto en contra do PSOE e do BNG.

Candia e Barreiro aseguran que ante isto, é incomprensible a actitude amosada e que ralenticen os compromisos adquiridos, cando non houbo ningún tipo de contacto previo nin de achegamento.

Remitido

Exit mobile version