O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular interesouse pola valoración da Consellería de Medio Rural e do Mar respecto da evolución do prezo de peixes e mariscos
O prezo medio en primeira venta dos peixes e mariscos frescos aumentou nun 20% en 2011 respecto de 2009 e permitiu acadar unha facturación de 475 millóns de euros
O secretario xeral do Mar adiantou no Parlamento que “en breve verá a luz un novo e definitivo borrador do decreto de comercialización, que se someterá ao criterio dos eidos transformador, extractivo e comercializador”
Pazo do Hórreo, 20 de abril de 2012.- Juan Maneiro, secretario xeral do Mar respondeu hoxe a preguntas do portavoz popular Jose Manuel Balseiro na Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia, que o prezo medio dos peixes e mariscos no 2011 aumentou nun 20% respecto de 2009, permitindo que as máis de 183.000 toneladas descargadas acadaran un valor de facturación de 474,8 millóns de euros.
O secretario xeral de Mar, Juan Maneiro destacou que esta tendencia positiva de evolución dos prezos medios indica que a acción comercial do Goberno autonómico sobre os nosos produtos “vai polo bo camiño, polo que se seguirá apostando por continuar coas medidas de promoción como por exemplo, a asistencia a feiras”.
Neste sentido, segundo adiantou o secretario xeral, “en breve verá a luz un novo e definitivo borrador do decreto de comercialización, que se someterá ao criterio dos eidos transformador, extractivo e comercializador, xa que as súas achegas mellorarán e adecuarán o texto de forma importante”.
Ademais, Juan Maneiro, salientou o interese crecente das empresas de comercialización e transformación por acudir ás feiras e lembrou que a vindeira semana a Xunta estará presente na feira Seafood de Bruxelas, unha das máis importantes a nivel europeo e mundial no ámbito dos produtos do mar.
O secretario xeral tamén fixo referencia aos resultados acadados na acreditación de peixe e marisco coa marca de calidade PescadeRías, pasando de menos de 2.500 toneladas certificadas no 2009, a casi 4.000 no 2010 e preto de 5.000 no 2011, “multiplicándose por máis de dous a cifra de toneladas certificadas”. Así e todo, Maneiro apelou á prudencia e indicou que malia que os datos son optimistas, a Xunta seguirá traballando de xeito constante en afianzar o valor dos produtos do mar de Galicia para continuar avanzando neste reto.
Jose Manuel Balseiro fixo unha valoración positiva destes datos, aínda que sen triunfalimos polos retos que quedan por diante . O deputado popular sinala que pescar é importante pero tan importante como pescar moito é vender ben e que se comercialice este peixe. Balseiro insiste en valorar positivamente o incremento do prezo do peixe en fresco a pesares das dificultades económicas e momentos de crise e finalmente amosou a súa ledicia porque o secretario xeral da do Mar confirme que se está traballando nun decreto de comercialización tal e como viña pedindo o PP para fortalecer esta evolución positiva
Remitido