Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP léase co goberno da Deputación pola moción sobre Alcoa que foi aprobada por unanimidade

Candia: “É preocupante que o Señor Martínez califique de parasitaria unha moción que defende a máis de 1.700 traballadores”

Lugo, a 24 de abril de 2012.- A voceira dos populares na Deputación, Elena Candia, arremeteu duramente contra o voceiro do PSOE na Deputación por calificar de parasitaria a moción sobre Alcoa, que presentou o PP e que foi aprobada por unanimidade, na sesión plenaria de onte.

“É grave e preocupante que o Señor Martínez califique de parasitaria unha moción que defende a máis de 1.700 traballadores da empresa Alcoa”-manifestou Candia.

A voceira dos populares lembrou a importancia desta multinacional do aluminio, que conta cun dos centros de traballo en San Ciprián. Insistiu Elena Candia, que é un dos principais motores económicos da Mariña, onde xera máis de 1.700 empregos directos e máis de 500 indirectos e lembrou tamén que representa o 30% do PIB lucense. “¡cómo para chamarlle moción parasitaria!”-manifestou Candia.

A voceira do PP na Deputación asegura que a diferencia do bipartito, o interese do grupo popular e centrarse na defensa dos intereses da provincia de Lugo, polo que os veciños e problemas son a súa prioridade.

Exit mobile version