A DIRECTIVA DO REAL CLUB NÁUTICO DE RIBADEO TRABALLA NO ACTO DE CELEBRACIÓN E RECOÑECEMENTO DO TÍTULO QUE ACABA DE RECIBIR A ENTIDADE. SERÁ POSIBLEMENTE EN AGOSTO COINCIDINDO COA SEMANA NÁUTICA. MARIO COTO CONSIDERA QUE ESTA CONCESIÓN LLE DA RENOMBRE TAMÉN Á VILA.
Ribadeo, 30 de abril de 2012. A directiva do Real Club Náutico de Ribadeo prepara para o verán o acto de celebración e de recoñecemento do título que lle ven de conceder S.M. el Rey Juan Carlos. Será posiblemente durante a Semana Náutica en agosto, segundo asegurou hoxe o presidente do RCNR, Mario Coto.
Coto contou que tras recibir o título de Real “a primeira comunicación foi para directiva do Club Náutico de Ribadeo o pasado venres, e agora tocarálles á Xunta de Galicia, á Deputación de Lugo, ao Concello de Ribadeo… darémoslles conta desta concesión e agradecerémoslle a cada un o traballo realizado neste sentido”.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo sinalou que “agora xa estamos a traballar na data na que se desenvolverá no verán o acto de recoñecemento tras a concesión deste título. Será posiblemente durante a Semana Náutica. Faremos as invitacións pertinentes a todas as institucións e á Casa Real. Estamos vendo o que imos facer para que sexa un día de festa. En breve imos facer unha asamblea ordinaria, porque xa toca, pero tamén para contarlles aos socios esta boa nova. Convocaremos a asamblea unha vez que pechemos a data desa celebración do verán”.
Mario Coto subliñou que “estamos moi orgullosos e cheos de felicidade por este título. E quixera lembrarlles a algúns socios do CNR que debemos pensar moito nos nosos comportamentos, porque xa non somos catro amigos no club, somos unha entidade con este relevante título, e pídolles que sexamos todos moi respectuosos coa entidade. Esto ven engrandecer ao club, o CNR ten estabilidade e peso específico e pode chegar a calquera lugar, todos temos que ir con tranquilidade e con paciencia, así se consiguen moitas cousas”.
Coto lembrou que “o traballo para conseguir este título comezou a mediados do ano pasado, iniciáronse os contactos, mandamos a documentación pertinente revisada por técnicos e por profesionais do CNR. Despois de todo ese traxecto veñen os logros e os frutos”. O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo pensa que “fomos pulcros e comedidos neste tema porque había moitos clubes e moita xente interesada en obter este recoñemento. Apoiunos moita xente, houbo informes que se pediron desde a Casa Real ás Federacións Española e Galega de Vela, ao Delegado do Goberno, etc, etc… Foi moito o traballo feito e por fin chegou este título. Nós facemos todo o que facemos para lograr que cada vez mellore máis o CNR, somos unha entidade con renombre. Os anteriores presidentes e xuntas directivas levaron adiante os seus proxectos, nós estamos facendo os nosos. Temos moitos proxectos por diante, que non vou contar agora porque non é o momento, o mellor é contar as cousas cando son unha realidade”.
Mario Coto considera moi importante este título tanto para o Club Náutico de Ribadeo como para o convello, “o club mellora con este título e isto dalle máis renombre a Ribadeo. Hai moi poucos en Galicia e na provincia de Lugo somos os primeiros. Esto recoñece o traballo que realizamos ao longo dos últimos anos e o presidente, en nome de directiva do Real Club Náutico de Ribadeo, estalles moi agradecido a todas as institucións e entidades que colaboraron para que esto sexa unha realidade”.
Remitido
———————
RAQUEL ARIAS REITERA O COMPROMISO DA XUNTA CO REAL CLUB NÁUTICO DE RIBADEO PARA “TRABALLAR XUNTOS POLA DINAMIZACIÓN TURÍSTICA E ECONÓMICA” DA VILA
Lugo, 30 de abril de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, mantivo un encontro co presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, a quen en primeiro lugar felicitou pola recente concesión do título por parte da Casa Real.
Durante a entrevista, na que tamén participou do xefe de Coordinación da Área Cultural da delegación territorial, José Carlos Rodríguez Andina, Arias aplaudiu o labor que ven desenvolvendo esta entidade ribadense e reiterou o compromiso da Xunta a seguir colaborando “tanto no que se refire á mellora de infraestruturas como á organización de actividades”.
Arias recoñeceu a “importante dimensión” do clube, que suma 700 amarres de embarcacións e preto de 1.000 socios, “sendo un dos principais de Galicia”. A súa experiencia “resulta dun valor inestimable á hora de traballar xuntos pola dinamización turística e económica de Ribadeo”, afirmou.
Coto quixo agradecer “a colaboración prestada pola Xunta a nivel xeral, e en particular en todas as xestións realizadas para acadar o título de Real”, á vez que confiou en seguir “traballando xuntos en cuestións como a presentación en sociedade desta concesión, que esperamos poder celebrar no verán”.
O Club Náutico de Ribadeo é o primeiro da provincia que consegue o título de Real, e o sexto de Galicia. A súa traxectoria ven avalada pola participación en numerosos eventos, moitos dos cales contaron tamén coa cooperación da Xunta de Galicia.
Sen dúbida a cita coa Regata Transgascogne 6,50, que fixo parada na localidade o pasado verán, constituíu unha das máis relevantes oportunidades para a cooperación e serviu para promocionar a costa lucense, que durante uns días foi punto de referencia a través dun evento de relevancia mundial.
Remitido