Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo lamenta a actitude do PP ante a iniciativa socialista de defender unha reducción dos custes de electricidade de Alcoa

O PSOE de Cervo lamentan a actitude do PP ante a iniciativa socialista de defender unha reducción dos custes de electricidade de Alcoa

OS SOCIALISTAS AFIRMAN QUE BALSEIRO NON FOI O PROMOTOR DA INICIATIVA EN DEFENSA DA REDUCCIÓN DA TARIFA ELÉCTRICA PARA EMPRESAS COMO ALCOA

-O GMS subliña que o realmente importante é que “se lle dé resposta a este problema, que se negocie o custe da electricidade porque se non, pode ter efectos moi negativos no municipio e en toda a comarca”

-Por outra banda, esixen que “a Xunta cumpla co seu compromiso e que faga o posible para que o Goberno Central teña en conta esta necesidade tal e como xa fixera o anterior goberno socialista”

CERVO, 13 DE ABRIL. Os membros do Grupo Municipal Socialista de Cervo lamentan a actitude do deputado e concelleiro popular, José Manuel Balseiro, ante a iniciativa socialista de defender unha reducción dos custes de electricidade de Alcoa para garantir a súa competitividade. “É vergoñento ter que ler nalgúns medios que o señor Balseiro foi o promotor desta proposta cando non tivo nada que ver”.

Aseguran que “o que máis nos preocupa é que se chegue a un acordo para o contrato da tarifa eléctrica entre Alcoa e o Estado, xa que disto depende a viabilidade da empresa e o emprego de moitos traballadores. Sen embargo, parece que o popular, José Manuel Balseiro, está máis preocupado co tema de darse valor ou colgarse medallas. E minte a tódolos veciños sen reparo ningún, pois a moción foi levada adiante polos compañeiros do Grupo Parlamentario Socialista”.

Os socialistas de Cervo insisten na importancia da aprobación desta proposta para facer posible a viabilidade de empresas como Alcoa, “pois dela resultan moitos postos de traballo no noso concello e, en xeral, en toda a Mariña”.

Asimesmo, agardan que “a Xunta de Galicia cumpla co seu compromiso para que o Goberno do Estado teña presente esta necesidade xa que destes prezos depende en boa parte a competitividade da factoría e a súa viabilidade. Que se considere a importancia de firmar un convenio como ó que no seu día firmou o expresidente socialista, José Luis Rodriguez Zapatero, convenio que está vixente ata o 31 de decembro deste ano e que fixo posible o correcto desenvolvemento dos plans estratéxicos desta empresa”.

Remitido

Exit mobile version