Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz di que “agora toca é apoiar as familias e liberalas de subidas de impostos prexudiciais para as súas economías”

Nota de prensa:

O Grupo Municipal do Partido Socialista de Foz manifesta que o Partido Popular de Foz debería de ter un pouco de tranquilidade a hora de falar dos demais partidos da Corporación e máxime si se trata de temas municipais referidos a Foz.

Acúsannos a diario de un suposto boicot a xestión municipal, cousa que é totalmente falsa, nos non facemos o que facían vostedes cando estaban na oposición, por moito que se empeñen en facer ver o contrario o certo é que vostedes non foron capaces de contribuír, en 16 anos de Goberno Socialista en Foz, a absolutamente nada, eso si posicionábanse sempre en contra de todo, e mira que se fixeron cousas en Foz neses anos.

Non aprobaron os presupostos nunca nos últimos catro anos, agás no 2008, porque faltaba unha Concelleira Popular, que estaba de vacacións. Facendo un exercicio de memoria recordemos que, vostedes, dixeron que esa Concelleira fora comprada por Rivera, algo patético e impresentable, que fixo dano a democracia e a propia Concelleira en cuestión. Levaron o anterior mandatario, Sr.Rivera, con denuncias falsas 12 veces a Xustiza e saíu absolto de todas; non contentos con eso levaron tamén os Xulgados a todo o Equipo de Goberno Socialista e os Técnicos Municipais quedando todos libres de culpa por un auto do Xuíz, fixesen ben, esas eran as que armaban vostedes.

Agora estamos nun escenario distinto, no que o Alcalde Sr Castiñeira, ten moita presa en subir impostos e adiantar cobros aos cidadáns. Dende o grupo municipal socialista consideramos que esas apresuradas subas de impostos non nos parecen o mellor camiño nestes tempos difíciles que estamos padecendo, que hai outras fórmulas e que debemos de exploralas todos xuntos, Goberno e oposición. Para esto, o primeiro que se debería de facer o noso xuízo, é un proxecto presupostario para este novo tempo, que conteña elementos imprescindibles para salvagardar os dereitos da cidadanía. Nese escenario estará o grupo socialista con toda responsabilidade, que non lles quede a menos dubida, pero onde non estaremos e nas ocorrencias deste Alcalde que un día di unha cousa e mañá seguinte a contraria. Sabemos, por experiencia, que o noso Concello non ten ningún problema de importancia nin insalvable en materia económica, outra cousa é que por interese puramente electoral e partidista, xa que as eleccións autonómicas están case a porta, se queiran facer plans de futuro para seguir no poder.

O que agora toca é apoiar as familias e liberalas, o máximo posible, de subidas de impostos que son totalmente prexudiciais para as súas economías.

O noso grupo vai a ser responsable e non vai a facer o que fixeron vostedes durante 16 anos, que foi nin mais nin menos, un acoso e derribo a unas persoas que gobernaban polo pobo e para o pobo.

Exit mobile version