Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo apoia a manifestación pola residencia da terceira idade

O PSdeG- PSOE DE RIBADEO APOIA Á MANIFESTACIÓN POLA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE

Executiva do PSdeG-PSOE de Ribadeo

O PSdeG-PSOE de Ribadeo apoia á manifestación pola residencia da terceira idade convocada pola Plataforma Pro Residencia Comarcal de Ribadeo, para o vindeiro 22 de abril, ás 12 h. e chama á participación ao conxunto da cidadanía.

Reivindicamos a necesidade de dotar ao Concello de Ribadeo de prazas residenciais de xestión pública para dar maior cobertura a veciñanza deste Concello e á dos Concellos limítrofes, e ademais, como partido membro da Comisión Municipal creada para tal fin no Concello de Ribadeo, sumámonos a esta manifestación tralo silencio prestado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia ante a demanda de reunión formulada por esta Comisión.

Remitido

Exit mobile version