Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo propón nunha moción reordenar o tráfico e sinala a importancia que ten para o sector comercial e turístico

NOTA DE PRENSA

O PSdeG DE RIBADEO PRESENTA NO CONCELLO UNHA MOCIÓN RELATIVA Á ORDENACIÓN DO TRÁFICO EN RIBADEO SINALAN A IMPORTANCIA QUE TEN PARA O SECTOR COMERCIAL E TURÍSTICO

O portavoz municipal socialista, Eduardo Gutiérrez e mais o secretario de política municipal do PSdeG, Jorge Díaz Freije, fixeron pública unha moción que o primeiro rexistrou no Concello, para o seu debate en Pleno. “Non pretendemos erixirnos en expertos nen tampouco entrar en discusións de tipo técnico –declarou Jorge Díaz–, senón unicamente poñer unha serie de exemplos de situacións francamente mellorables”. Engadiu que o principal “é dispoñer dun plan de tráfico racional e axeitado ás necesidades de Ribadeo e, por iso, cremos que debe ser encargado e elaborado por expertos”. Pola sua banda, Eduardo Gutiérrez, manifestou que hai moitas queixas motivadas pola actual situación: “O que pretendemos é que o tráfico e a sua ordenación non acaben converténdose nun elemento disuasorio para o acceso a Ribadeo de turistas e clientes. E unha vila que ten no sector servizos a sua máis importante actividade é radicalmente importante contar cun plan que mereza tal nome”

¨

TEXTO ÍNTEGRO DA MOCIÓN

Eduardo Gutiérrez Fernández, portavoz municipal do PSdeG-PSOE, presenta para o seu debate en Pleno, a seguinte

MOCIÓN

O carácter comercial de Ribadeo, así como o potencial turístico, son características comúns a todos os sectores implicados e obxectivos a desenvolver e potenciar. Todos os grupos políticos, con rara unanimidade, coinciden neles. Pero existen aspectos onde as visións e propostas son diferentes, por diversos motivos. Con todo hai outros que dependen exclusivamente da acción municipal, que inciden decisivamente na potenciación dos aludidos sectores e que, sen embargo, están evidentemente descuidados, por decilo suavemente. Referímonos á ordenación do tráfico e todo o que ten que ver cun asunto que, segundo como se trate, pode constituir un atractivo, ou un elemento disuasorio para a atracción de clientes e turistas

Por outra banda, un plan de tráfico racional, con vontade de permanencia no tempo, é un elemento decisivo á hora de ubicar todo tipo de empresas e negocios que, en caso contrario, estarían somentidas aos vaivés de decisións improvisadas e pouco estudadas.

Sen ánimo de exhaustividade, podemos facer un breve repaso á situiación citando algúns casos:

En primeiro lugar está a conveniencia de facer que o acceso á Avda. Calvo-Sotelo sexa a través da rua construida no lateral do Teatro, o que significaría que pasaria a ser peonil o primeiro treito da rua de San Roque, tal e como estaba previsto cando esta se converteu na primeira rua que tivo ese carácter.

Asimesmo, entendemos que a rua Ramón González debera volver a ser accesible para vehículos por varias razóns, entre elas, que co actual desvio, a boa parte do tráfico de entrada obrígaselle a circular pola sobrecargada rua de San Roque, ou sexa que se alonxa dos principais e céntricos aparcamentos municipais: a zona azul no entorno da Praza de Abastos e o aparcamento municipal. Efectivamente o cruce da Avda. de Galiza con Ramón Gonzñalez e José Vicente Pérez Martínez, esixe unha regulación por medio de semnáforos, unha expertiencia que xa se probou e que, sen razóns aparaentes, se desbotou, seguramente por improvisación e desleixamento por parte dos resposnables, antes que por planificación. O resultado é que unha boa parte dese tráfico de entrada pérdese nun labirinto, e nalgúns casos accede a través da rua Luz Pozo e xenera un cruce complicado e perigoso na sua confluencia coa avda. de Galiza.

Unha actuación complementaria para a boa orde do tráfico urbano seria garantir as saidas e entradas dos vados permanentes.Para iso, o concello debera dotarse dun pequeno vehiculo adaptado, do que actualmente non dispón no seu amplo parque móbil.O lugar para o depósito dos vehiculos retirados poderia ser o local, de propiedade municipal, que ocupaban os garaxes da empresa Ribadeo.

Como medida complementaria das anteriores debe procederse a ordenar con criterios tecnicos a sinalización relativa ao tráfico,prestando unha especial atención ás limitacions relativas a tonelaxe dos camións a fin de evitar o deterioro dos pavimentos.

Igualmente sería preciso estudar o carácter semipeonil de determinadas ruas, xa que se ben os pavimentos son os propios para o paso de peóns non o son para o tráfico constante de todo tipo de vehículos.

En conseceuncioa co anteriormnente exposto, a título de exemplo e suxestión proponse ao Pleno do Concello a adopción do seguinte

ACORDO

O Concello encargará a un ente oficial competente, ou no seu caso, a unha empresa experta na materia un estudo sobre a ordenación do tráfico en Ribadeo.
Remitido

Exit mobile version