Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo propón un plan para rendabilizar a praia das Catedrais

O PSdeG PROPÓN UN PLAN PARA A PRAIA DAS CATEDRAIS

PRETENDEN RENDABILIZAR O ATRACTIVO DO LUGAR E EXTENDELO A TODO O CONCELLO

O concelleiro do PSdeG Eduardo Gutiérrez rexistrou unha moción no Concello cunha serie de propostas dirixidas á rendabilización do atractivo da praia das Catedrais: “Cremos que é interesante prestarlle máis atención e este lugar, naturalmente protexéndoo, pero tamén rendabilizando o seu atractivo e extendendo os seus beneficios a toda a franxa costeira. Por iso, aparte de demandar máis atención a asuntos como o do aparcamento en tempada alta, propomos unha dotación fundamental, como é un centro de información, ben deseñado e con criterios modernos, para implicar a toda a franxa costeira”. Pola sua banda, o Secretario de Politica Municpal da Executiva, Jorge Díaz Freije, destacou que ocupando As Catedrais un lugar moi destacado en canto á afluencia turística, “non se lle está sacando todo o partido que ten e, por iso, esta iniciativa o que pretende é facer unha chamada de atención para que se actúe, primeiramente a administración municipal que debe tomar a iniciativa”.

TEXTO DA MOCIÓN

Eduardo Gutiérrez Fernández, Concelleiro do PSdeG-PSOE en Ribadeo, para o seu tratamento por parte do Pleno do Concello, presenta a seguinte

MOCION

O valor como atractivo turístico da praia das Catedrais non precisa de argumentario algún. É unha evidencia estadística que mesmo nos acerca en número de visitantes á Catedral de Santiago. Certamente, desde hai xa anos, fóronse facendo melloras no seu entorno por parte de varias administracións, ainda que tamén se permitiu algún dislate. En varias ocasións falouse de elaborar un plan tanto de protección como de promoción, pero moi pouco se fixo ao respecto. É un asunto que sae a relucir ciclicamente, cando se acerca a tempada estival. E iso que o interese e as visitas ao emblemático lugar prodúcense ao longo de todo o ano. Esta iniciativa pretende estimular e axudar á promoción dun dos máis importantes reclamos turisticos da comarca, coa finalidade de contribuir ao desenvolvimento do sector comercial e de servizos.

Estamos persuadidos de que a administración municipal debe intervir para mellorar aspectos fundamentais de tan singular paraxe. Un deles é o aparcamento, que debe ser reforzado durante o verán recorrendo ao aluguer de fincas se non hai outras posibilidades, que tamén deberian explorarse e estudarse, xa que se trata dun investimento estratéxico. Pero é igualmente decisivo vencellar As Catedrais ao resto do concello, co obxecto de rendabilizar o recurso. Neste sentido, sería procedente instalar nas proximidades un local promocional ou centro de interpretación, con ampla información sobre a propia praia e as suas características xeomorfolóxicas, as mareas, a costa de Ribadeo e os seus lugares como os numerosos castros costeiros, Rinlo, etc. En suma, a posta en valor dos propios recursos naturais, mostrados de xeito didáctico e cun estilo moderno.

Así pois, en consecuencia co anteriormente exposto, proponse a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1º.-O Concello realizará as xestións conducentes ao aumento permanente, ou ocasional, das prazas de aparcamento.

2º.-O Concello, percurará as axudas precisas para a creación dun contedor ou espazo informativo, ou centro de interpretación, absolutamente respeitoso co medio, centrado na praia das Catedrais, pero tamén destinado á promoción da zona próxima e, especialmente, da costa ribadense, tal e como se indica na parte expositiva.

Recibido

Exit mobile version