Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo valora positivamente a manifestación pro Residencia para a Terceira Idade, moi participativa e nun clima de cordialidade e respeito

VALORACION DO PORTAVOZ SOCIALISTA EDUARDO GUTIÉRREZ SOBRE A MANIFESTACIÓN DA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE

Facemos unha valoración positiva da manifestación reivindicativa da Residencia para a Terceira Idade. Foi moi participativa e desenvolveuse nun clima de grande cordialidade, de respeito, pero tamén de firmeza no que se pide, porque é de razón, xa que está baseado en datos obxectivos e nun estudo moi detallado.

Pero non podemos esquecer que é o que se pide e a quén se lle pide, nen tampouco o feito de que a Xunta nen sequera concedeu unha entrevista á comisión encargada da reivindicación. É o momento, pois, de decir que resulta moi grave que a Conselleira do ramo, non atope quince minutos do seu tempo para escoitar algo que lle piden os veciños de Ribadeo. Deberia abondar con que o alcalde a solicitara, sen chegar a convocar unha manifestación, e por iso mesmo hai que convidar á xente a que reflexione sobre este feito. En todos os sentidos. E, naturalmente, todo isto é política e politicas son as actitudes de todos e cada un dos grupos do Concello e dos responsables dos partidos.

Remitido

Exit mobile version