Site icon Crónica3.com A Mariña

O Vilalba será o rival dos laranxas na provincial cadete

VILALBA, RIVAL DOS LARANXAS NO PROVINCIAL CADETE

O Burela FS Cadete intérnase esta fin de semana no Campionato Provincial que acollerá a cidade luguesa. Vilalba será o rival a bater nos cuartos de final o vindeiro domingo, 14 de abril, no pavillón do Pombal.

Os pupilos de Carlos Méndez, que conseguiron o pase á cita tras rematar en segunda posición na competición comarcal, arrancarán a pugna contra os chairegos ás 17.00 horas, despois do Lumieira Lugo-Láncara (16.00). Ás 18.00, O Pilar de Foz medirase á Pastoriza e, como peche da xornada, o Salesianos Lugo enfrontarase ao Taboada A.

Prebenxamín. O Torneo Prebenxamín do Vicedo marcará a xornada do ED EON Burela FS A o sábado. As pequenas promesas laranxas inaugurarán a competición coa Escola Celeiro B, ás 16.00 horas, seguidas do Barqueiro FS-Escola Celeiro A, ás 17.00 horas. O terceiro e cuarto posto decidiranse a partir das 18.00, para dar paso á gran final, ás 19.00.

Exit mobile version