Site icon Crónica3.com A Mariña

Os deputados e senadores do PP por Lugo gaban publicamente os orzamentos do Estado

A Deputada asegurou que se alguén ten que pedir perdón aos cidadáns por estes axustes non é o PP, senón o PSOE, que foi quen provocou esta situación

Olga Iglesias: “son uns orzamentos excepcionais, elaborados para a situación de emerxencia na que se atopa agora mesmo España”

• “Hai que acometer un axuste moi duro, 27.300 millóns de euros, que significa renunciar a moitos programas de gasto para equilibrar canto antes os Orzamentos”

• España será fiable no 2012, o que favorecerá a recuperación económica, xa que se vai cumprir a previsión de déficit público do 5.3%

• Galicia, é a segunda comunidade con máis inversión no 2012. Recibirá 1.706 millones, un 9,48 % máis que no 2011, o que supón un 13 % do total estatal

• Lugo lévase case a metade do orzamento, que destina o Ministerio de Fomento,a estradas, a Galicia. Aproximadamente, 130 millóns de euros

Lugo, 3 de abril.- A Deputada Olga Iglesias fixo balance esta mañá dos Orzamentos Xerais do Estado para este ano 2012.
“É un axuste moi duro, o máis austeiro da democracia, 27.300 millóns de euros pero que o goberno se viu na obriga de elaborar para cumprir co compromiso ineludible de reducir o déficit público (5.2%)
Olga Iglesias afirmou que a herdanza envelenada do goberno socialista foi tal que agora o Goberno do PP vese na obriga de explicar qué está a pasar e quen ten que acometer un axuste moi duro para por orde onde ata o de agora só houbo un auténtico desorden.
“Hai que pagar o que se debe: 30 millóns de euros en expropiacións en Fomento a estradas e 463.000 en Adif, ademáis de 2.7 millóns de euros da Ponte de Lugo. Ademáis hai que completar a A-8 (60 millóns de euros) coa costa de Lugo para que poidar estar rematada en 2013 ou a A-54, Lugo –Santiago (23 millóns de euros)” lembrou Olga Iglesias
A Deputada asegurou que o goberno de Mariano Rajoy mantén o seu compromiso coas infraestructuras da provincia e falou tamén do Variante da Pobra de San Julián. Afirmou Olga que adiantouse a súa execución con respecto ao resto da liña porque permitía suprimir 16 pasos a nivel. Falou dos 7.5 kilómetros en obra e do restante do AVE Ourense- Lugo (un total de 104.5 kilómetros) onde os socialistas non deixaron nada, quedando 31.6 kilómetros en proxecto e 65.4 en estudo.
Olga Iglesias insistiu en que son uns orzamentos excepcionais para un momento de emerxencia no que se atopa España. Engadeu a Deputada que se alguén ten que pedir perdón aos cidadáns por estes axustes non é o PP senón o PSOE, e que será o goberno do PP quen saque a España deste precipicio.

Julia Rodríguez é consciente de que son uns orzamentos duros pero afirma que é o que hai que facer para correxir a herdanza envelenada do anterior goberno socialista

JULIA RODRÍGUEZ: “Malia a situación de crise, o goberno de Rajoy ten presente nos orzamentos para 2012 as infraestructuras que outros tiñan pendentes con Monforte”

• Lugo lévase case a metade do orzamento, que destina Fomento a Galicia. Aproximadamente, 130 millóns de euros

• En canto a Monforte, mantéñense as partidas necesarias para cumplir cos compromisos adquiridos con este Concello

Lugo, 4 de abril.- A Senadora por Lugo, Julia Rodríguez fixo esta mañá balance dos Orzamentos Xerais do Estado para este ano 2012. Recoñeceu Rodríguez, que son uns orzamentos duros, os máis austeiros da democracia, pero que ante unha situación límite necesítanse uns orzamentos excepcionais, que están destinados a por orde onde hai un auténtico desorden.
“Estamos nunha situación crítica que conleva un axuste moi duro, o máis austeiro da democracia, con medidas extraordinarias, para cumprir o compromiso ineludible de reducir o déficit público, tal e como agarda a Unión Europea tra-lo compromiso de España. – manifestou Julia Rodríguez.
Este ano 2012, malia a estar nunha época de crise económica e ser uns orzamentos austeiros, para Lugo, o Ministerio de Fomento, destina 28 millóns de euros máis que o ano pasado. (Levándose a nosa provincia case a metade do orzamento, que destina o Ministerio de Fomento a estradas, en Galicia; aproximadamente, 130 millóns de euros)

Dixo Julia Rodríguez que o Ministerio de Fomento prevé invertir en Galicia 1.598.405 millóns de euros, unha cifra que supón un aumento de preto do 17% con respecto as contas do Estado para o 2011 e fixo fincapé en Monforte.
“Malia a esta época de crise económica, na que o goberno se veu na obriga de acometer estes duros axustes, o goberno de Rajoy non se esquece de Monforte e mantén os compromisos con este Concello. Mantéñense as partidas necesarias para adquirir os acordos adquiridos, dótanse as partidas para seguir co trámite administrativo da A-76 e A-72 (Chantada-Monforte de Lemos), prevese a conclusión do estudo informativo da A-76 e inclúsense nos orzamentos a dotación para o inicio dos proxectos que desenvolvan este novo acceso a Galicia dende o centro peninsular”- manifestou Julia Rodríguez.
A senadora afirmou que tamén se impulsa a finalización dos estudos da A-72 que dará continuidade o novo acceso a Galicia dende a A-76, e que se inclúen partidas orzamentarias para manter o compromiso coas actuacións previstas en Monforte de Lemos.
Falou Julia Rodríguez do mantemento da plataforma N-120 e afirmou que a ferrocarrís increméntanse partidas da rede convencional e presupóstanse con 4.9 millóns de inversións para liñas de alta velocidade na provincia (entre estas están as liñas Ponferrada- Monforte).
A Senadora recoñeceu que son uns orzamentos moi duros, afirmou que é o maior esforzo de consolidación fiscal da democracia, pero insistíu en que Rajoy mantén os compromisos adquiridos con Monforte.

O Deputado Jaime de Olano é consciente de que son uns orzamentos duros pero afirma que é o que hai que facer para correxir a herdanza envelenada do anterior goberno socialista

JAIME DE OLANO: “son uns orzamentos específicos para unha situación de emerxencia, destinados a por orde onde hai un auténtico desorden”

• “Hai que acometer un axuste moi duro, 27.300 millóns de euros, que significa renunciar a moitos programas de gasto para equilibrar canto antes os Orzamentos”

• España será fiable no 2012, o que favorecerá a recuperación económica, xa que se vai cumprir a previsión de déficit público do 5.3%

• Lugo lévase case a metade do orzamento, que destina Fomento a Galicia. Aproximadamente, 130 millóns de euros

Lugo, 4 de abril.- O Deputado nacional Jaime de Olano fixo esta mañá balance dos Orzamentos Xerais do Estado para este ano 2012. Recoñeceu De Olano, que son uns orzamentos duros, os máis austeiros da democracia, pero que ante unha situación límite necesítanse uns orzamentos excepcionais.
“Estamos nunha situación crítica que conleva un axuste moi duro, o máis austeiro da democracia, con medidas extraordinarias, para cumprir o compromiso ineludible de reducir o déficit público, tal e como agarda a Unión Europea tra-lo compromiso de España. – manifestou Jaime de Olano.
O Deputado Nacional afirmou que a herdanza envelenada do goberno socialista foi tal (lembrou os máis de cinco millóns de parados) que agora o Goberno do PP vese na obriga de acometer un axuste moi duro para por orde onde ata o de agora só houbo un auténtico desorden.
“O Estado vai apretar o cinto coma o viñeron facendo as empresas e as familias españolas, ata un recurte de gastos nos ministerios dun 17%, polo que as contas públicas en España van a deixar de ser unha lousa sobre a economía de España”- afirmou De Olano.
Afirmou o deputado que malia a estar nunha época de crise económica e de ser uns orzamentos austeiros, para Lugo o Ministerio de Fomento, destina 28 millóns de euros máis que o ano pasado. Lembra Olano que o Departamento de Ana Pastor, prevé invertir en Galicia 1.598.405 millóns de euros, unha cifra que supón un aumento de preto do 17% con respecto as contas do Estado para o 201.
Dixo Jaime de Olano que malia a esta mala época económica, o goberno de Rajoy non se esquece da Mariña e adquire os seus compromisos coa zona norte da provincia lucense. Mencionou De Olano as autovías do cantábrico, a A-85 Autovía San Cibrao-Barreiros e a A-8, á que o Departamento de Ana Pastor destina unha partida de 3.626.57 miles de euros.
De Olano recoñeceu que son uns orzamentos moi duros, afirmou que é o maior esforzo de consolidación fiscal da democracia, pero insistíu en que Rajoy mantén os compromisos adquiridos Galicia.

Exit mobile version