CINCO VECIÑOS DE FOZ E UN DE ALFOZ FORON OS AFORTUNADOS NO SORTEO DOS 1.200 EUROS EN VALES DE COMPRA QUE PUXO EN XOGO A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES COA I RUTA DOS VIÑOS.
Foz, 27 de abril de 2012. Os gañadores do sorteo dos 1.200 euros en vales de compra postos en xogo na I Ruta dos Viños, que organizou ACIA Foz son: Carmen Fernández Curto de Foz que obtivo o premio de 500 euros; Diana Martínez Río de Foz conseguiu os vales por importe de 300 euros; María José Carreiras Pazo de Alfoz, levou un premio de 100 euros; Leandro García García, Mercedes Bouza Rego e David Teijeira Ramos, os tres de Foz, tamén conseguiron 100 euros en vales de compra cada un. Os gañadores poderán consumir os seus premios ao longo das vindeiras semanas nos locais participantes na ruta.
A entrega dos premios terá lugar o vindeiro mércores, 2 de maio, a partires das 20:30 horas na pastelería Anduriña, que foi onde Carmen Fernández Curto depositou a súa cartulina selada polos 35 locais que participaron na I Rutas dos Viños. A continuación o resto de afortunados recibirán os seus cheques regalo nos locais nos que deixaron os seus cartóns.
Durante a I Ruta dos Viños realizáronse arredor de 25.000 consumicións, segundo os datos que manexa a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriales e Autónomos de Foz. O seu presidente, José Carlos Paleo, asegura que “esta iniciativa foi un éxito”.
Remitido