Site icon Crónica3.com A Mariña

Ouro, prata e bronce para os equipos da ACD. Xove que competiron no Provincial de Tenis de Mesa

ACD.XOVE, OURO, PRATA E BRONCE NO PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

Éxito total dos xogadores da ACD.XOVE, no Campionato Provincial de Tenis de Mesa, celebrado este sabado día 21 en Vilalba.

O equipo Cadete Femenino, formado por Rocio Duarte e Salomé Cardoso, proclamaronse CAMPIONAS PROVINCIAiS o gañar a o equipo de A Pastoriza. Levaron a medalla de Ouro e clasificaronse para o Campionato Galego.

O equipo Cadete Masculino, formado por Samuel Rey e Mateo Meitin, proclamaronse SUBCAMPIONS PROVINCIAS, perdendo na final ante o Club de Tenis de Mesa Ceibe de Monforte de Lemos. Estos xogadores accederon a final despois de eliminar nas semifinais o Club Dez Portas de Lugo. Levaron a medalla de Prata e clasificaronse para o Campionato Galego.

E finalmente o equipo Infantil Masculino, formado por Kevin Canoura, Aarón Blanco e Safouan Housni, proclamaronse TERCEIROS PROVINCIAIS, gañando o terceiro posto a o Club Ceibe de Monforte. Levaron a medalla de Bronce, pero non se clasifican para o Campionato Galego.

O Campionato Galego de Tenis de Mesa, celebrarase tamén en Vilalba no mes de Xuño

NORABOA A TODOLOS COMPOÑENTES DOS EQUIPOS DE TENIS DE MESA.

Remitido

Exit mobile version