Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras fixo a ruta Boca do Monte en Quiroga

A pesar da nefasta previsión meteorolóxica, os camiñantes de Burela percorreron este domingo os 14 Km. que configuran a ruta Boca do Monte no concello de Quiroga. Déronse cita 32 camiñantes e nesta ocasión, Josefina responsable da ruta e directiva de Pasada e natural da zona, invitou aos aldeáns a participar na ruta, como así fixeron, dando a coñecer a zona e intercambiando impresións e coñecementos coas xentes da Mariña.

Exit mobile version