Site icon Crónica3.com A Mariña

Recepción do alcalde de Ribadeo ao Clube Atlético Rentistas Universitario de Uruguay

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, Vicente Castro, presidiron a recepción que esta tarde lles ofreceu o Concello de Ribadeo aos membros do Clube Atlético Rentistas Universitario de Uruguay. Este equipo enfrontóuse hoxe aos xuvenís da SD Ribadeo no I Trofeo de Fútbol Augas Santas. O rexedor aludiu ás vinculacións entre Ribadeo e Uruguay, lembrou o seu nacemento nese país e agradeceu a visita de toda a expedición a Ribadeo ademáis da presenza de varios veciños de Uruguay que residen no concello e que acudiron a ver aos seus paisanos. Tras o intercambio de agasallos entre o Concello e o Clube Atlético Rentistas Universitario todos posaron para a tradicional foto de recordo do seu paso por Ribadeo.

Exit mobile version