O punto e final a este curso poñeráselle o próximo venres, cunha cea organizada polos propios alumnos e alumnas e á que tamén asistirán os docentes do curso e algún representante do Concello.
Debido á gran demanda por parte dos titulares de granxas, transportistas, persoal de matadoiros, cazadores e demais persoal implicado neste sector de toda a comarca o Concello de Lourenzá espera poder volver ofrecer un novo curso deste tipo nas vindeiras datas. A xente interesada en inscribirse neste curso poderá facelo poñéndose en contacto co Concello de Lourenzá e así poder reservar a súa praza, xa que cada curso ten un número limitado destas.
Remitido