Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha semana mais os infantís do C. D. Foz sacaron adiante o seu compromiso de liga cunha goleada

Resultados das categorías base do C.D. Foz

Unha semana mais os INFANTÍS sacaron adiante o seu compromiso de liga cunha goleada, esta vez ante o S.Roque de Lugo, ao que gañaron por 14-0. Este resultado unido á derrota do Ribadeo ante o Becerrea fai que o equipo de Burunda teña practicamente asegurada a clasificación para a fase de ascenso a Liga Galega, a falta de catro xornadas. Os CADETES, tamén sacaron adiante o seu encontro cunha goleada por 7-0 ante o Sagrado Corazón e están tamén moi cerca da clasificación para a liga de ascenso. Os que volveron fallar foron os XUVENÍS, que caeron esta vez ante o Ribadeo pola mínima 2-1 e seguen na penúltima posición. A seguir loitando e sempre Aupa Foz Aupa.

Exit mobile version